16/3/07

Suarez Picallo. Lider republicano e galeguista


Suárez Picallo chegou a Galiza o 4 de xuño xusto para participar o día 5 nos actos que se celebraon nos salóns do Teatro Principal da Coruña. Durante a asemblea ambos os delegados da emigración xogarían un papel moi activo. Alonso Ríos foi elixido presidente da mesma e Suárez Picallo foi proposto como candidato a deputado constituínte. Durante a campaña electoral percorreu unha chea de vilas e aldeas da Coruña. O 28 de xuño Picallo recibiu 55.054 votos, sendo elixido deputado.
En decembro de 1931 participou da fundación do Partido Galeguista, obxectivo este que se tiñan marcado desde a emigración. Rapidamente Picallo se converteu xunto a Castelao na imaxe pública deste partido, pasando a liderar dentro do mesmo a corrente de esquerda nacionalista. Foi a presión de Picallo a que definiu a política de alianzas progresista do Partido Galeguista cos partidos que posteriormente conformaron a Frente Popular.
Picallo tivo unha activa participación parlamentaria sendo elixido membro da comisión de Traballo e Previsión. Entre as intervencións máis destacadas de Picallo estiveron a situación dos emigrantes españois na República Arxentina e a súa repatriación e o proxecto de Constitución nas eleccións de 1933, ainda co retroceso electoral, obtivo 78.000 votos, que non lle chegaron para ser elixido deputado. Aproveitou para facer o bacharelato no Instituto de Ensinanza Secundaria de Lugo e posteriormente a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.
Durante estes anos Picallo foi o director de A Nosa Terra, dirixiu SER, un semanario de esquerdas, foi o vicedirector de Claridad de Santiago de Compostela, e escribiu en Vanguardia Gallega de Lugo. Os seus artigos foron impresos por distintos xornais de cidades españolas como El Sol de Madrid, Le Humanite de Barcelona e El Ideal Vasco. Co triunfo da Frente Popular o 16 de febreiro de 1936, Picallo obtivo unha acta de deputado en representación do Partido Galeguista pola provincia da Coruña. Formou parte da comisión que levou Estatuto de Autonomía de Galicia a Madrid, co que o Alzamento Nacional o sorprendeu ali. O seu irmán Antonio foi paseado en Sada. acompañou a Castelao a Barcelona e alí responsabilizouse da edición do Nova Galicia, boletín quincenal dos escritores galegos antifascistas, xornal de difusión do galeguismo durante a contenda civil.

No hay comentarios: