20/3/07

Castelao: debuxos e caricaturas









Os debuxos están complementados con textos agudos mostrándonos a Galiza agraria, o caciquismo, o drama da emigración, as pobres xentes do campo, os cegos, os desamparados, o sufrimento do pobo, todo isto baixo un punto de vista crítico e realista mais cunha fina ollada humorista. Como artista realizou moitos debuxos e caricaturas, ilustrou libros, publicou debuxos nos seus libros, "Álbum Nós", “Cincoenta homes por dez reás”, “Cousas da vida”, “Galicia mártir”, “Atila en Galicia”, “Milicianos” e "Debuxos de negros"

Anisia Miranda

Isaac Díaz Pardo

Xosé Neira Vilas

Francisco Fernandéz del Riego

Entrevista a Xaime Isla Couto

19/3/07

Castelao político




Dicir que Castelao é o líder máximo do galeguismo non resulta en absoluto esaxerado, neste plano só pode competir con Alexandre Bóveda, en militancia e en fe nacionalista ambos son insuperables. Castelao adhiriuse á Liga de Acción Gallega en 1912 e pode considerarse como o seu primeiro acto de militancia expresa. No 1916 fúndase As Irmandades da Fala, Castelao únese a esta corrente e participará na Asamblea Nacionalista onde os representantes das Irmandades subscribiron un auténtico progama de redención nacional; por primeira vez os asambleístas declaranse nacionalistas e non rexionalistas e reivindican a autonomía integral da Nazón Galega. A finais de 1930 constitúese o Partido Nacionalista Gallego e Castelao e Paz Andrade entre outros interviron no primeiro acto de propaganda, máis tarde participa nunha operación política histórica: a Asamblea convocada pola Federación Republicana Gallega para estudiar e redactar as bases dun Estatuto Galego, a actividade de Castelao para levar as suas últimas consecuencias xurídicas e políticas ó feito do plebiscito autonomista durará toda a guerra e toda a época que sobrevivirá. A guerra civil española e a dictadura franquista oblígano a exiliarse, e dende Arxentina, baixo a presidencia do Centro Gallego de Buenos Aires , desarrolla un vasto, constante e indiscutido maxisterio da galeguidade, por medio de conferencias, artículos, conversacións e polo seu libro "Sempre en Galiza" que é considerado, con razón, a biblia do galeguismo.

O caciquismo


A clave interpretativa do proceso electoral en Galicia é o caciquismo, en tanto que é o cacique o mediador entre unha sociedade rural e tradicional e unha sociedade que impón unhas estruturas de poder de tipo urbano-industrial-capitalista. Estaría presente nesta participación electoral esa contradición para Galiza do século pasado entre a súa fasquia tradicional e o marco político no que está integrada, sendo o caciquismo a resultante desa incapacidade da sociedade galega de asumi-las prácticas políticas instauradas pola revolución liberal burguesa española.
Esto expresa ben esta falla de modernidade que caracteriza á Galiza decimonónica, especialmente no plano político, dobremente eivado pola febleza do galeguismo e esta manipulación electoral realizada sen unha mostra de contestación social. Abonda ve-la lexitimidade con que actúan o "Trampeta" e o "Barbacana", caciques rurais admirablemente descritos no romance "Los pazos de Ulloa" por Dona Emilia Pardo-Bazán.

16/3/07

Suarez Picallo. O exilio



Derrotada a República Picallo esperou ata o último momento para partir ao desterro. Con Marcial Fernández dirixiuse a Darnius, o cruce da fronteira francesa, e desde alí ata Perpignan. Logo trasladouse a Cherburgo, onde se embarcou no Queen Mary rumo a Nova York.
En xullo de 1939 marchou á República Dominicana e alí exerceu durante un ano o xornalismo como director do diario La Nación. Abandonou o país cara Chile debido ás presións políticas do goberno de Trujillo. Alí comezou traballando no xornal La Opinión, para logo pasar a La Hora, órgano oficial do Partido Radical, que gobernarou Chile entre 1938 e 1951, El Mercurio e El Sur da cidade de Concepción de Chile, onde tiña unha columna denominada "La Feria del Mundo". Foi a súa época máis prolífica como escritor, xa que neste período produciu o 80% da súa obra.
O 15 de novembro de 1944 participou na fundación en Montevideo do Consello de Galiza, xunto con Alfonso Rodríguez Castelao, Elpidio Villaverde, Antón Alonso Ríos. En 1954 viaxou por vez primeira a Bos Aires logo de varios anos de exilio en Chile co obxecto de participar como figura principal dos actos programados pola Comisión Intersocietaria con motivo do 18 aniversario do Plebiscito de Estatuto de Galiza. Abandonou a Arxentina pola hostilidade do goberno de Perón. Voltou en 1956 para participar do Primeiro Congreso da Emigración Galega, que se celebrou desde o 24 ao 31 de xullo nos salóns do Centro Asturiano.
En 1959 Picallo fíxose cargo da Cátedra de Cultura Galega do Centro Lucense de Bos Aires. En 1961 comezou tamén o seu primeiro curso de xornalismo, que continuou impartindo ata 1962.
Nos últimos anos padeceu unha enfermidade mental que o obrigou a ser internado. Morreu no Sanatorio do Centro Galego de Bos Aires o 14 de outubro de 1964.

Suarez Picallo. Lider republicano e galeguista


Suárez Picallo chegou a Galiza o 4 de xuño xusto para participar o día 5 nos actos que se celebraon nos salóns do Teatro Principal da Coruña. Durante a asemblea ambos os delegados da emigración xogarían un papel moi activo. Alonso Ríos foi elixido presidente da mesma e Suárez Picallo foi proposto como candidato a deputado constituínte. Durante a campaña electoral percorreu unha chea de vilas e aldeas da Coruña. O 28 de xuño Picallo recibiu 55.054 votos, sendo elixido deputado.
En decembro de 1931 participou da fundación do Partido Galeguista, obxectivo este que se tiñan marcado desde a emigración. Rapidamente Picallo se converteu xunto a Castelao na imaxe pública deste partido, pasando a liderar dentro do mesmo a corrente de esquerda nacionalista. Foi a presión de Picallo a que definiu a política de alianzas progresista do Partido Galeguista cos partidos que posteriormente conformaron a Frente Popular.
Picallo tivo unha activa participación parlamentaria sendo elixido membro da comisión de Traballo e Previsión. Entre as intervencións máis destacadas de Picallo estiveron a situación dos emigrantes españois na República Arxentina e a súa repatriación e o proxecto de Constitución nas eleccións de 1933, ainda co retroceso electoral, obtivo 78.000 votos, que non lle chegaron para ser elixido deputado. Aproveitou para facer o bacharelato no Instituto de Ensinanza Secundaria de Lugo e posteriormente a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.
Durante estes anos Picallo foi o director de A Nosa Terra, dirixiu SER, un semanario de esquerdas, foi o vicedirector de Claridad de Santiago de Compostela, e escribiu en Vanguardia Gallega de Lugo. Os seus artigos foron impresos por distintos xornais de cidades españolas como El Sol de Madrid, Le Humanite de Barcelona e El Ideal Vasco. Co triunfo da Frente Popular o 16 de febreiro de 1936, Picallo obtivo unha acta de deputado en representación do Partido Galeguista pola provincia da Coruña. Formou parte da comisión que levou Estatuto de Autonomía de Galicia a Madrid, co que o Alzamento Nacional o sorprendeu ali. O seu irmán Antonio foi paseado en Sada. acompañou a Castelao a Barcelona e alí responsabilizouse da edición do Nova Galicia, boletín quincenal dos escritores galegos antifascistas, xornal de difusión do galeguismo durante a contenda civil.

Francisco del Riego, galeguista histórico

Francisco Fernández del Riego

Nado en Vilanova de Lourenzá en 1913, vén desenvolvendo dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continúa aínda hoxe e que fai del unha dos personalidades máis destacadas de Galicia. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega.
Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós. formou parte do Consello galego de Galeuzca (1931).

En 1963 xurdiu desta editorial a revista Grial, que Del Riego codirixiu e para a que escribiu de forma asidua recesións literarias e artigos.
Ingresou en 1960 na Real Academia Galega. En 1997 presidiu esta institución.


O seu traballo no ámbito cultural e a súa extensa obra convérteno nun dos principais intelectuais galeguistas do século XX e comezos do XXI. Entre os seus libros destacan ensaios sobre a cultura e a literatura galegas como Historia da literatura galega, Galicia no espello, Diccionario de escritores en lingua galega, A xeración Galaxia e estranxeiras, como Letras do noso tempo.

narrativa (O cego de Pumardedón) e a literatura de viaxes (As peregrinacións xacobeas, O camiño de Santiago e Galicia). Editou antoloxias poéticas e libros de vocabulario, escribiu gran número de artigos poéticos e biografías. Tamén é autor dun libro de memorias, O río do tempo (1991). No 2003 recompila a súa correspondencia con Cunqueiro e a edita en Galaxia co título Cartas ao meu amigo. Epistolario Mindoniense. No ano 2004 publica con Galaxia as súas memorias baixo o título de Camiño andado.
En 1995 doou á cidade de Vigo a súa colección de libros, que constitúe a Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego. É director da Biblioteca da Fundación Penzol, en Vigo.
Como unha das principais figuras de Galicia, foi recoñecido con numerosos galardóns (Premio Trasalba, Premio Pedrón de Ouro, Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, Premio de creación Cultural da Xunta de Galicia, Premio Celanova, a casa dos Poetas, Medalla Castelao, Premio das Artes e das Letras de Galicia, etcétera). Foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo e Galego Egrexio pola Fundación dos Premios da Crítica.

Historia do Balneario Mondariz






Houbo dúas etapas na creación do Balneario, a primeira foi a de Enrique Peinador Vela (1847-1917), respaldado polo seu irmán Ramón. O descubridor, o emprendedor visionario e protagonista deste fermoso e incrible proxecto foi o seu fillo Enrique Peinador Lines (1880-1940). Ramón como irmán na sombra, asumiu a xerencia dun balneario xa consolidado, en que introduciu criterios de innovación para o seu desenvolvemento empresarial e ao que insuflou a súa sensibilidade cultural e galeguista.
A súa dirección, desde 1906, foi o de toda unha Belle Époque en que Mondariz, do que se segregou en 1924 Mondariz-Balneario, foi un lugar de cita estivais das clases acomodadas, con bañistas vidos de lugares tan loxanos como Porto Rico, Uruguai, Brasil, Chile, México, Costa Rica, Estados Unidos, Francia e Alemaña, ademais dos peninsulares, españois e portugueses. Non faltaron tampouco as visitas de altos diñatarios, literatos, pintores.Digamos que a súa figura foi precursora dunha tarefa necesaria: que a burguesía galega se implicase coa súa terra polo menos como mecenas ou filántropos dun galeguismo necesario e, entón, emerxente.
Enrique Peinador Vela, abriu as portas do balneario ao Rexurdimento en plena efervescencia do galeguismo: nacemento da Real Academia Galega (1906), aparición das asociacións agrarias, evolución do rexionalismo ao nacionalismo, creación das Irmandades da Fala (1916), nacemento das revistas A Nosa Terra (1916) e Nós (1920), que deu lugar a xeración que leva o seu nome (Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao, Losada Diéguez...), produción literaria efervescente, constitución do Seminario de Estudos Galegos (1923) e do Partido Galeguista (1931).
Entre 1915 e 1922, unha serie de intelectuais dirixidos por Ramón Cabanillas e contaba con Enrique Peinador como editor sacaron á rúa Mondariz, unha revista culturalista. A comezos do século XX, o Balneario de Mondariz contaba cunha imprenta propia, da que saía todos os domingos do verán La Temporada, un semanario que se repartía gratuitamente entre os termalistas. Ao longo da súa existencia, La Temporada contou con colaboradores da talla de Manuel Murguía. Ademais de incluír numerosos artigos sobre o balneario, a súa historia e arredores, a revista dáballes prioridade aos temas habituais nas publicacións periódicas de carácter cultural de Galicia de principios de século.

14/3/07

Suarez Picallo.Militante Republicano

Ramón Suárez Picallo (Veloi, Sada, 1894 - Bos Aires, 14 de outubro de 1964) foi un xornalista e político galeguista.
Suárez Picallo comezou a traballar na terra aos sete anos, e aos catorce acompañaba seu pai como mariñeiro. Emigrou el só á Arxentina con catorce anos. Ali tivo unha activa participación na vida sindical e política. En 1917 a Revolución Rusa levouno a posicións máis radicais. En 1918 foi candidato a concelleiro en Bos Aires e un ano despois candidato a senador pola provincia de San Juan.
Foise afastando da militancia comunista para se dedicar de cheo á vida sindical e gañar a vida en distintos oficios. Foi secretario de redacción do semanario Correo de Galicia de Bos Aires desde abril de 1926 até o 16 de maio de 1931. Influenciado pola obra do Seminario de Estudos Galegos e as publicacións Nós e A Nosa Terra, colaborou na creación da Federación de Sociedades Galegas, Agrarias e Culturais, de ideoloxía republicada federal e socialista, da que chegou a ser presidente. Organizou mitíns contra a ditadura de Primo de Rivera e durante varios anos a "Semana Galega" en homenaxe a Pardo de Cela. Foi secretario de redacción e colaborador asiduo do seu órgano quincenal, El Despertar Gallego. O 30 de setembro de 1924 saíu á rúa o primeiro número da revista Céltiga impulsada por Domingo Rial Seijo e baixo a dirección colexiada de Ramón Suárez Picallo, Eduardo Blanco Amor e Eliseo Pulpeiro.
O 18 de agosto de 1925 estreou a súa obra teatral patriótica Marola no Teatro Mayo de Bos Aires, con música de Paz Hermo e asesoría teatral de Eduardo Blanco Amor.
En 1926 viaxou a Europa para participar no congreso anual da Organización Internacional do Traballo que se celebrou en Xenebra. Entre os seus cometidos estaba visitar Galiza como correspondente de Céltiga e contactar cos círculos políticos daquela época. O 21 de agosto falou no Círculo de Artesáns da Coruña sobre o xurdimento do nacionalismo galego en América, acto no que foi presentado por Antón Vilar Ponte, un dos fundadores das Irmandades da Fala. O 29 estas ofrecéronlle un xantar en San Pedro de Nós, un día antes de coller o barco para a Arxentina. Durante a súa estadía en Galiza Picallo establecería unha fonda amizade política con Antón Vilar Ponte, e posteriormente de ORGA.
De regreso a Bos Aires, fundou unha sección da ORGA. A Federación de Sociedades Galegas, Agrarias e Culturais, xunto coa ORGA, resolveu enviar como delegados á Asemblea Republicana da Coruña a Ramón Suárez Picallo, Antón Alonso Ríos e Sigüenza.

"Sempre en Galiza" de Castelao.



É un libro de ensaio político escrito por Castelao, considerado a obra
canónica do nacionalismo galego. Símbolo da cultura e do país galego, o
libro representa os anceios dunha nación que se quere situar a carón das
outras culturas e en igualdade co resto dos pobos, No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de “Sempre en Galiza”. O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía a luz no exilio.
Este libro continua a estar vixente para toda a sociedade galega
precisamente pola forza das súas conviccións. No libro adxúntanse artigos, ensaios, conferencias, discursos xunto o material pensado específicamente para a obra. Está constituído por 14 capítulos que apareceran como artigos.

13/3/07

Issac Diaz Pardo



De pai pintor (Camilo Díaz Baliño), na súa casa tiñan lugar xuntanzas diversas relacionadas coas Irmandades da Fala. O seu pai morreu cos primeiros movementos da Guerra civil española, o que fixo que Isaac tivera que agocharse. Pasou logo a traballar como rotulista en A Coruña. Despois da guerra, cursou estudos na Escola de Belas Artes. A partir de ahí comeza a súa participación pública. En 1941 participou na primeira experiencia española sobre deseño industrial, e en 1942 unha viaxe de estudos en Italia. Pasou logo a ser profesor na Escola Superior de Belas Artes de Barcelona e comezou as exposicións en España e no extranxeiro (Europa e América)Abandoa despois as artes plásticas, pasando á cerámica e fundando con outros socios fábrica de Cerámicas do Castro no 'Castro de Samoedo (Sada), o que repite na Arxentina, onde construiu xunto con outros destacados galegistas o 'Laboratorio de Formas', precursor de outras actividades de desenvolvemento como as levadas a cabo na Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, a editorial Edicións do Castro, o Seminario de Estudos Galegos, etc.
Recibiu moitas distincións e recoñecementos, como o Pedrón de Ouro (1976), a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988) Como escritor de ensaio e crítica, destacan 'Xente do meu Rueiro', 'O ángulo de pedra', 'Galicia Hoy' (xunto con Luis Seoane, 'Paco Pixiñas' (con Celso Emilio Ferreiro), 'El Marqués de Sargadelos', 'Castelao', etc, a máis de unha morea de artigos en xornais (na actualidade, corentemente en 'La Voz de Galicia', consultable en internet).

12/3/07

As guerrillas (1939-1952)

Os anos iniciais son de formación e organización ata que en 1944 se reunen os principais dirixentes para lograr unha unidade de acción que, sen embargo, resultaba moi díficil de levar a cabo pola implacable persecución a que estaban sometidos.
Nas guerrillas tiveron cabida tódalas ideoloxías contrarias ó réxime de Franco, pero a partir de 1944 detéctase en Galicia un predominio claro da influencia do Partido Comunista, practicamente o único partido que envia axuda ós guerrilleiros; non foi o creador do movemento pero si o máximo apoio e de onde procedía o sentido organizativo , a conciencia política e a disciplina.
As antigas Partidas pasan a se denominar Agrupacións que son organizadas por Marrofer (Marcelino Rodríguez Fernández) Os anos 1946 e 1947 son os de maior actividade, pero tamén de desesperación polo rumbo que toman os acontecementos internacionais, especialmente cando a derrota dos fascistas belixerantes non orixinou, como era a esperanza de moitos, a caída do réxime de Franco.