27/4/07

Grial

Avelino Pousa

Domingo García-Sabell



O que foi Delegado do Goberno en Galicia durante quince anos e presidente da Real Academia Galega (RAG) durante dúas décadas, Domingo García-Sabell, naceu en Santiago de Compostela o 8 de outubro do ano 1909. Fillo dun procurador dos tribunais, cursou medicina na universidade compostelá, na que se licenciou co premio extraordinario, e realizou o doutorado en Madrid. Posteriormente ampliaría os seus estudios en Suíza e Alemaña. Durante a súa etapa como estudiante formou parte da Federación Universitaria Escolar (FUE), onde coincidiu con Rafael Dieste, Carlos Maside, Ánxel Fole ou Luis Seoane. No seu papel de intelectual e médico coñeceu e trabou amizade con persoeiros como Castelao, Novoa Santos, Unamuno, Valle-Inclán ou Torrente Ballester, de quen foi médico. A Guerra Civil lle impide opositar a unha praza de patoloxía médica en Zaragoza. Ó final da contenda é vetado como profesor da Universidade de Santiago de Compostela e pasa a exercer de médico internista. Ó mesmo tempo comeza a súa labor cultural, presidindo a editorial Galaxia, de Vigo, especializada en obras escritas en lingua galega, tras participar na súa fundación en 1950. Coa volta da democracia regresa ó primeiro plano da vida política e cultural de Galicia. Por unha parte é nomeado senador real durante a Lexislatura Constituinte (1977-1979) e por outra asume en novembro de 1979 a presidencia da RAG, da que forma parte desde 1957. O 20 de agosto de 1981 o consello de ministros noméao Delegado do Goberno en Galicia, cargo que ocupa ata 1996, momento no que dimite ante a previsión de ser relevado do seu posto polo novo Goberno popular. Na súa traxectoria interveu como vocal e presidente nos Premios Príncipe de Asturias das Letras, Artes e de Comunicación e Humanidades. O 10 de abril de 1997, cando presidía en Oviedo o xurado deste último, sufriu un mareo que obriga á súa hospitalización na capital do Principado. Pouco despois, en maio dese mesmo ano renunciou á presidencia da RAG, por esgotamento tras 40 anos de vida pública.

Xaime Isla Couto

25/4/07

O asasinato de Moncho Reboiras


A noite do 12 de Agosto de 1975 marcará un fito importantísimo na represión contra o nacionalismo. Moncho Reboiras atopábase en Ferrol, onde se estaba a organizar a UPG, a Brigada Político Social (BPS) estableceu esa noite un forte control policial. Moncho e outros dous militantes da UPG decataronse da presenza policial ó redor do seu piso franco en Ferrol; decidiron escapar por separado. Moncho tentouno polo tellados sendo detectado pola policía; foi unha longa noite de metralletas que culminou de madrugada coa morte de Moncho a man duns trescentos policías e os outros dous militantes conseguiron fuxir. A partir dese momento desátase un amplo operativo en toda Galicia coa detención de varios militantes nacionalistas e o exilio a Portugal dun nutrido grupo de membros da UPG. Sen dúbida este asasinato, o mesmo que de moitos mais antifranquistas, pagaron co seu sacrificio a conquista das liberdades políticas e o recoñecemto dunha nación.

24/4/07

Ramon Piñeiro


Ramón Piñeiro López naceu na parroquia de Armeá en Láncara (Lugo) no ano 1915. Desde mozo interveu no movemento galeguista e xa en 1932, en plena II República, entra en relación con círculos galeguistas lucenses.

Ó ano seguinte asiste á Asemblea do Partido Galeguista, onde establece amizade con senlleiras figuras como Otero Pedrayo, Alexandre Bóveda, Castelao... foi secretario do Comité Provincial para o Estatuto de Autonomía de 1936. Trala Guerra Civil interveu na política galeguista clandestina e estivo preso durante tres anos. Unha vez en liberdade e en vista das poucas posibilidades de que se produza un cambio de réxime inicia unha vía legal tendente á afirmación de Galicia como pobo nas conciencias das novas xeracións, configurando así a estratexía do galeguismo culturalista.
.
Con esta intención participa na fundación da Editorial Galaxia (1950), na que traballou ata 1966, data en que se trasladou a Estados Unidos como profesor da Universidade de Middlebury. Galaxia será a empresa de difusión cultural galega máis significativa durante a posguerra e Ramón Piñeiro converterase neses anos nun "mestre espiritual" para a mocidade daquela época. En novembro de 1967 ingresa na Real Academia Galega.

Coa restauración democrática e o inicio do proceso autonómico, o seu nome soa moito como candidato á presidencia da Xunta, feito que non se chega a materializar, maiis o seu traballo foi de crucial importancia de cara á consecución do actual Estatuto de Autonomía, e mesmo chega a ser elixido deputado pola provincia da Coruña como independente nas listas do PSdG-PSOE.
En 1983 converterase, por elección dos seus membros, no primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, como público e merecido recoñecemento a unha das personalidades máis egrexias e que máis fondamente influíron na vida política e cultural de Galicia no século XX. O 27 de agosto de 1990 morre.

23/4/07

Creación editorial Galaxia



A editorial Galaxia é unha editorial fundada o 25 de xullo de 1950 en Santiago de Compostela. Trátase da empresa editorial con mais significado da historia de Galicia.Ten editado ao redor de 2.000 volumes.
Entre os fundadores da editorial, encontrábanse galeguistas históricos como Ramón Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro (o seu primeiro director literario e o seu gran animador intelectual) e outros. A vocación do proxecto era recuperar para a lingua galega a súa significación histórica e o seu valor cultural tanto na creación como na transmisión do pensamento.
Domingo García-Sabell, Rof Carballo, Celestino Fernández de la Vega, Ramón Piñeiro, Xaime Isla Couto e Francisco Fernández del Riego configuraron o núcleo do que se coñeceu como grupo Galaxia, célula activa da creación intelectual, en busca dun discurso galego, moderno e universalista.
A orixe intelectual de Galaxia está no «Suplemento del Sábado» do periódico compostelán La Noche; aínda que suspendido pronto pola administración franquista, nel comezaron a colaborar moitas persoeiros que logo configuraron o fondo da editorial.
O primeiro libro publicado foi Antífona da cantiga (1951), de Ramón Cabanillas.
Simultaneamente o labor da edición de libros, Galaxia comezou en 1951 a publicar unha revista cultural, os Cadernos Grial (que pronto foi prohibida e non volveu circular ata 1963).
Do mesmo xeito a editorial propulsou a creación de varias fundacións culturais, como a Fundación Penzol, a Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Isla Couto, e entre 1958 e 1968 a Revista de Economía de Galicia.
En 1985, Carlos Casares asumiu a dirección da editorial e animou un importante proceso de actualización e modernización da mesma ata a súa temprana morte.

20/4/07

Xosé Ramón Reboiras Noia




Máis coñecido como Moncho reboiras (1950-1975), naceu en Imo no seu dunha familia que tivo que emigrar cara a Teis (Vigo) para a procura de mellores condicións de vida. De moi novo vai tomando conciencia nacionalista en reacción ó franquismo e sinte a opresión nacional de Galiza. No ano 1969 Moncho intégrase na UPG, en paralelo, estuda na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo. Por outra banda o traballo no que se achaba mergullado Moncho Reboiras tamén, ao pouco, derivaría na denominada Fronte Cultural, (antecedente da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG). Formou parte da creación do Sindicato Obreiro Galego (SOG) no ano 1975. Moncho, sen dúbida, era un militante que ficaba na vangarda. Reboiras participa da creación dun grupo operativo de acompañamento das loitas populares e da ‘expropiación’ de material para dotar de infraestrutura ao nacionalismo na altura, de cara a súa acción política; aportando medios necesarios dos que carecía o ‘aparello de propaganda’ da devandita organización. Os corpos represivos da ditadura franquista sabían das accións e dotes organizativas de Moncho.

18/4/07

Xosé Luis Méndez Ferrín


Mendez Ferrín naceu en Ourense en 1938, fixo os primeiros cursos de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela onde toma contacto co galeguismo cultural nucleado na Editorial Galaxia. Licienciose en Filoloxía Románica en Madrid, onde formou parte do grupo “Brais Pinto”. Viaxou por Europa onde entrou en contacto co marxismo e estudou un curso de cultura inglesa na “Universidade de Oxford” .Trasládase a Vigo onde traballou de profesor ni “IES Santa Irene”. Devido a súa actividade política foi procesado en tres ocasións. O seu pensamento político era que a única saída para a Galiza contemporánea era a fusión entre galeguismo radical e marxismo-leninismo. No 1964 Ferrín cofundou a UPG e posteriormente o PGP e Galiza Ceibe. Novelista, poeta, dramaturgo e crítico literario, Ferrín é unha das grandes figuras literarias da Galicia actual.

17/4/07

Unión do Pobo Galego (UPG)


A UPG é un partido comunista que enlaza coa tradición política do galeguismo nacionalista da II República española, parte de que Galicia é unha nación.A primeira fundación data de novembro de 1963 con Xosé Luís Méndez Ferrín, Bautista Álvarez, Raimundo Patiño, Xosé Luís Blasco e Xosé Antonio Arjona. En 1964 o Consello da Mocedade baixo a dirección de Ramón Piñeiro, expulsa ao sector máis esquerdista que refunda a UPG o 25 de Xullo de 1964 integrado ao grupo Brais Pinto, antigos militantes da Federación de Mocidades Galeguistas e nacionalistas de esquerdas. A partir de 1972 a UPG comeza a aumentar a súa base social e en 1973 a formación da Fronte Obreira dirixida por Moncho Reboiras. Para concurrir as primeiras eleccións democráticas de 1977 a UPG artellou unha fronte nacionalista , BN-PG. A UPG é a columna vertebral do BNG.

16/4/07

Fundación do PSG

O 23 agosto de 1963 Mario Orxajes Pita, Salvador Rei, Salvador García Bodaño, Xosé Luis Rodriguez Pardo, Cesáreo Saco, Manuel Caamaño e Ramón Piñeiro nunha xuntanza clandestina fundan o PSG.O novo partido atraeu a antigas membros do Partido Galeguista como Francisco Fernandez del Riego, que foi elixido presidente do partido, Amado Losada, Domingo Pombo e a mozos influídos polo piñeirismo como Xosé Manuel Beiras Torrado e Ramón Lugrís.

Luis Soto


Luis Soto e os mozos do grupo Brais Pinto refundaran a nova UPG nun encontro en Madrid. Este partido e constituido 0 25 de xullo de 1964 , o principio foi integrada por estudiantes e intelectuais
que confluian de maneira efectiva galeguismo e marxismo.
De contado dara a coñecer un programa coas bases redactadas.
ese programa seria coñecido como "os dez principios minimos"
nel mesturase socialismo e nacionalismo dunha maneira un tanto confusa

13/4/07

Grupo Brais Pinto

A finais dos anos 50, un grupo de estudantes e xóvenes traballadores galegos de ideoloxía esquerdista formou en Madrid o grupo denominado Brais Pinto (1958). Dentro del convivían asalariados e empregados (R. Patiño, C. Arias, Bautista Álvarez, X.L. Méndez Ferrín, B. Álvarez, "Foz" e Manoel María). Á parte de organizaren tertulias, actividades culturais e editaren unha colección de poesía, os membros do grupo Brais Pinto evolúen teoricamente cara o marxismo, e neles comeza a madurecer a idea de formar un novo partido nacionalista de esquerda superador de inactividade política do "piñeirismo" (promocionar á cultura e impregnar a sociedade de galeguismo e renunciar á necesidade de crear forzas políticas nacionalistas). De distintas reunións clandestinas celebradas nas vilas máis importante de Galicia xurdiu unha organización denominada Consello da Mocedade, do que foi elexido secretario xeral Moreda. Nun comezo, as bases ideolóxicas do que ía ser unha organización eran vagas (reactualizar o legado do PG e dar unha nova orientación ao nacionalismo galego).
O Consello non puido sobrevivir polas súas propias desavenencias e no 1964 desapareceu.
Con anterioridade á fundación do Consello, en novembro de 1963, varios integrantes do grupo Brais Pinto (B. Álvarez, R. Patiño, X.A. Arjona) consitutiron tamén en Madrid unha nova organizáción política: a Unión do Pobo Galego (UPG) .