27/2/07

Castelao como escritor.



A obra literaria de ficción de Castelao dirixiuse fundamentalmente a dous xéneros: a narrativa e o teatro. As súas creacións narrativas foron escritas todas antes da guerra. Como autor teatral escribiu unha única obra: “Os vellos non deben de namorarse”. Castelao deulle ó teatro galego un pulo netamente renovador ; non so se preocupaba polo aspecto textual, tamén polo visual (deseñando escenarios, vestiario e caricaturas dos actores).
Iniciouse na narrativa coa colección de relatos curtos, establece un conxunto único na narrativa galega que culmina coa colección de ensaios: “Sempre en Galiza”. Conectou literatura, política e teoría do galeguismo. Na súa obra tamén destaca: “Cego de romería”, “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete”, “Cousas” , “Os dous de sempre”, “Atila en Galicia” , “Retrincos”...

Florentino López Cuevillas



Naceu na cidade de Ourense o 14 de novembro de 1868, e morreu nesta cidade o 30 de xullo de 1958. Cuevillas estudiou o Bacharelato no Instituto de Ourense, onde acadou o título de bacharel en 1901, e a carreira de Farmacia en Santiago de Compostela, que rematou en 1906. Nunca chegou a exercer esta profesión, senón que traballou como funcionario da delegación de Facenda en Ourense. Estivo destinado en Madrid durante unha breve temporada e estudou alí por libre Filosofia e Letras, carreira que non rematou. Amigo de Ramon Otero Pedrayo e Vicente Risco, pola súa influencia formou parte no Grupo Nós, foi o prehistoriador do grupo, onde publicou o seu primeiro artigo arqueolóxico "A mansión Aquis Querquernis"en 1920 e o primeiro castro que estudiou foi o da parroquia de San Cibrao de Las (Ourense). Neste estudio fornecéronlle a Cuevillas datos para os seus traballos, publicados no revista Nós, que levou o título A Edade de Ferro no Galiza. Tamén nesta revista publicou o seu Catálogo dos Castros Galegos. Cuevillas fixo excavacións e escribiu traballos en colaboración con outros prehistoriadores e etnógrafos, como Bouza Brey, Antón Fraguas, Xaquín Lorenzo, Manuel Chamoso Lamas... Considerado o pai dos estudos prehistóricos de Galiza, dedicou parte a "Historia de Galiza" (1973), dirixida por Otero Pedrayo. Paralelo a súa dedicación na prehistoria escribiu algúns títulos literarios e editounos a Editorial Galaxia (1962) co título" Prosas Galegas".
Castro de Troña

As milicias galegas


A creación das milicias galegas foi unha das expresións de esa eclosión que prodúxose ante a sublevación e a perspectiva de unha prolongada loita armada. Foi tamén unha consecuencia da existencia de Galicia como nacionalidade histórica. Incorpórome a elas inmediatamente. (...) O seu núcleo inicial eran galegos que traballaban en Madrid e que non se enrolaran dende o primeiro momento noutras unidades milicianas. Tamén había algún estudante (...) e a maioría eran campesiños que, venidos a Castela para as segas, permanecerían nos aredores de Madrid sen incorporarse a loita armada (...). Con todo eles e algunhas mulleres, contruíuse o Batallón de Milicias Galegas, que en agosto de 1936 chegou a ter uns 900 combatentes.

Santiago Álvarez. "Los comisarios políticos en el ejército popular de la República." 1989.

14/2/07

Alexandre Bóveda "As derradeiras verbas dun galeguista"



Procesado: De los diez minutos que se me conceden me sobran cinco. Y en castellano, naturalmente, me expresaré, no en español, como decía el Presidente, puesto que el gallego es también idioma. Idioma, repito, de la raza gallega y no dialecto, como aquí se ha dicho, tan reiterada como equivocadamente.

-Presidente: Advierto al procesado que tampoco eso de la raza puede ser con sentido. La gallega, como todas las de España, pertenece a la raza española.

Procesado: No voy ahora a discutir ese aspecto (...). Mi patría natural es Galicia. La amo fervorosamente. Jámas la traicionaría, aunque se me concediesen siglos para vivir. La adoro hasta más allá de mi muerte. Si entiende este tribunal que por este amor entrañable deber serme aplicada la pena de muerte, la recibiré como un sacrificio más por ella. Hice cuanto pude por Galicia y haría más si pudiera. Si no puedo, hasta me gustaría morir por mi patria. Bajo su bandera desero ser enterrado (...) y este "agarimo" -permítaseme la única palabra gallega que empleo en el idioma que he hablado siempre- que le tengo a la tierra sagrada que en tuve la dicha de nacer no me obliga a sentir ningún odio a España, a la que por derecho,pertenezco. Solamente he combatido sus errores y, a veces, sus crueldades polícitas para con mi Galicia idolatrada. Nada más.

Rodriguez Castelao, Alfonso Daniel


Naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886, e morreu no exilio en Bos Aires o7 de xaneiro de 1950. Fillo de Manuel Rodríguez Dios, mariñeiro, e de Joaquina Castelao Genme. Con 9 anos de idade súa nai e máis el trasladáronse á Pampa arxentina a reunirse co seu pai que se establecera en Santa Rosa deToay cunha pulpería. De regreso a Rianxo, a prosperidade económica lograda na experiencia emigratoria permitiulle estudiar a carreira de Medicina en Santiago, onde se licenciou no 1908.Foi un home polifacético: debuxante, escritor e político, a súa biografíaestá íntimamente vencellada ós acontecementos históricos do seu tempo e ó desenvolvemento dunha obra de creación multixenérica e xenial que o consagrou como un dos máis grandes artistas galegos de todos os tempos. Debutou en Madrid no II Salón de La Caricatura (1908). Traballou logo enGalicia Moza, O barbeiro Municipal, Mi tierra, La Voz de Galicia (B. Aires), Suevia, A Nosa Terra, El Sol (Madrid), El Pueblo Gallego, El Parlamentario(Madrid), La ilustración gallega y americana (Madrid), Suevia(B. Aires), Nós, Galicia, Bohemia (La Habana). Morre no sanatorio do Centro gallego o 7 de Xaneiro. O franquismo ordeou silenciar o acontecemento en España, pero non logrou evitar a fonda emoción que causou na Galicia emigrada e exiliada nin a solemne ceremonia do seu enterro no mausoleo do Centro Gallego no cemiterio de Chacarita. Alí ficaron os seus restos ata que en 1984 foron transladados ó Panteon de Galegos Ilustres de San Domingo de Bonaval, en santiago de Compostela. Se Castelao foi un dos máis grandes artistas plásticos que deu a cultura galega en todos os tempos, non é menos certo que foi o líder máximo do galeguismo e que a riqueza da súa figura humana e intelectual motivou que esta fose adoito usurpada e manipulada por aqueles que querían apropiarse do seu valor simbólico.

12/2/07

Carta de Castelao a Alexandre Bóveda

Primeira folla da carta que Castelao escribiu a Bóveda bulíndoo a ir a Madrid coa Comisión que presentaría o Estatuto ás Cortes en 1936.

Movemento agrarista

O agrarismo é un movemento político de reivindicación que se da na España da Restauración que ten como obxetivo a redención dos foros, a loita contra o caciquismo e a mellora e modernización da estrutura agraria en Galicia.
En 1907 apareceu Solidaridad Gallega, unha asociación para que os labregos puidesen votar sen presión ningunha. E en 1912 fundase Acción Gallega, liderada por Basilio Álvarez (o abade da freguesía ourensá de Beiro) que pretendía tamén eliminar os contratos forais. En 1916 esta organización veuse presuntamente implicada en desorde público e foise desmembrando pouco a pouco.

ANTOLIN FARALDO

Natural de Betanzos, Antolín era fillo de Feliciano Vicente Faraldo e de Francisca Asorey Canda.
Estudou, na Universidade de Santiago de Compostela obtendo o grado de Bachiller en Medicina en outubro de 1842. Era un gran apaixonado da historia e da lectura, formou parte de múltiples movementos e asociacións públicas da época.
En 1842 incorpórase como xornalista ó xornal O Recreo Compostelano, e do que pronto se convertería en redactor principal empregando o seudónimo de Abenhumeya.
Entre febreiro e outubro de 1845 funda e dirixe, xunto con José Rúa Figueroa e Antonio Romeu Ortiz, a revista O Porvir.
O modelo veríase plasmado coa súa participación na chamada Revolución de 1846, para a cal redacta o 15 de abril de 1846 a proclama de constitución da Xunta Provisional de Goberno de Galicia, da que era secretario.
Fracasado o intento de revolución, o 26 de abril dese mesmo ano vese obrigado a exiliarse en Portugal, xunto a outros compañeiros, a bordo do buque Nervión. O 8 de setembro é condenado en rebeldía polo citado levantamiento, aínda que ó ano seguinte lograría a amnistía, instalándose en Madrid. Alí dirixiu durante un breve período a publicación La Europa, para perderse despois a súa pista histórica ata o seu falecemento en Granada, á pronta idade de trinta anos

cartas de Alexandre bóveda a súa muller



Choliños, miña Peque, Vidiña:Quixera escribirche moito. Mais xa sabes canto poidera decirche.Perdóame todo, que os peques me lembren sempre, que cumplan tódolos meus encargos.Eu, almiña estarei sempre con vós como cho prometín.Faltan uns minutos e teño valor, por vós, pola Terra, por todos. Vou tranquilo.Adeus vidiña. Vive para os peques e os vellos; abrazaos, confórtaos. Se Ti, miña Pequeniña admirable, a máis valente de todos. Alá sentirei ledicia e satisfacción de Ti e de todos.Lembrareivos sempre, velarei sempre por vós.Adeus, contigo, cos peques, cos vellos todos, estarei sempre na lembranza, na máis grande, na máis fonda, na máis infinda das apertas, o voso
Xandre.

PS/ Recei contigo




Reprodución da carta que Alexandre Bóveda dirixiu á súa muller denantes de sair pro lugar do seu fusilamento. O sentimento de bó esposo e pai xurde arrepiante frente a traxedia que caería sobre un fogar cristián e galeguista marcando o encetamento dunha ríada de sangue que asolagou a Galicia.

9/2/07

Programa Politico das Irmandades da Fala

A composición ideolóxica dos homes que compuxeron nun principio as IF era ben variada, nela cabían desde republicanos como Antón Vilar Ponte e demócratas radicais como Lois Porteiro, e o primeiro Xaime Quintanilla, rexionalistas liberais como Uxío Carré, rexionalistas tradicionalistas como Salvador Cabeza de León, Juan Barcia, Felipe Gil Casares, xaimistas como Antonio Valcárcel e social-católicos como Luís Peña Novo. Van ser os sectores máis liberais e progresistas os que doten ás IF dun claro contido nacionalista fronte ó rexionalismo dos sectores máis conservadores que acabarán marchando ou sen relevancia dentro das Irmandades, coa excepción de Antón Losada Diéguez.
No congreso celebrado en novembro de 1918 na cidade de Lugo, as Irmandades marcaron o seu programa político:

  1. Autonomía integral para Galicia.
  2. Autonomía municipal.
  3. Ingreso de Galicia na Liga das Nacións.
  4. Busca dunhas bases para facer posible un federalismo con Portugal.
  5. O poder lexislativo encomendábase a un Parlamento galego, elixido directamente polo pobo.
  6. O poder xudicial estaría sempre desenvolvido por cidadáns galegos.
  7. Réxime tributario propio, sen intervención do poder central.
  8. Cooficialidade do castelán e do galego.
  9. Igualdade de dereitos da muller.
  10. Supresión das Deputacións Provinciais.
  11. Lexislación social nas competencias que se estimasen non exclusivas do Estado.
  12. Toda a potestade docente.
  13. Administración (non construción) dos ferrocarrís.
  14. Fixación do cupo de forzas que se estimasen precisas para manter a orde no país.
  15. Control da política económica, non excluídos os bancos.
  16. Substantividades do dereito foral galego.
  17. Recuperación por parte dos pobos dos montes comunais.
  18. Soberanía estética de Galicia (que se conservase nas construcións o estilo digno e propio de cada marco xeográfico).







Vida de Alexandre bóveda






Alexandre Bóveda Iglesias nace en Ourense o 4 de xuño de 1903, coincide cunha das etapas máis ricas e ilusionantes da historia do noso país. Alexandre Bóveda Iglesias é un dos homes fundamentais do galeguismo. Bóveda ten en Ourense e en Pontevedra as vilas que definen e caracterizan a súa biografía. Ourense é a cidade onde nace e se fornece humana e intelectualmente. Pontevedra aporta a súa madurez de home público. Dous momentos da propia historia de Galiza caracterizada polo desenvolvemento social, cultural e económico -producida pola emigración ás Américas de comezos do século XX- e, pola outra banda, polo cambio de réxime en España coa instauración da II República. Bóveda vive moi achegado á realidade que o rodea e participa activamente en diferentes espacios culturais da súa Ourense natal: promove como é o caso do Orfeón Unión Ourensá; escribe na revista radicada en Ourense La Zarpa, de Basilio Álvarez. Unha vez establecido en Pontevedra, a súa actividade non descansa. Xa maduro o seu compromiso político co galeguismo, forma con Daniel Castelao un duplo fundamental na historia contemporánea de Galiza. Os seus aportes á facenda pública son importantes: a Deputación Provincial pide a súa colaboración para optimizar diversos servicios; o Seminario de Estudos Galegos pídelle a súa contribución para a redacción do Proxecto de Estatuto galego; ten unha salientable participación na fundación da Caixa de Aforros de Pontevedra no transcorrer de 1930. Coa fundación do Partido Galeguista, Alexandre Bóveda convértese nun referente fundamental. Coas eleccións de febreiro de 1936, Bóveda preséntase pola provincia de Ourense acadando un apoio decidido dos ourensáns pero, en dubidoso escrutinio, Calvo Sotelo impón a súa candidatura. Triunfa a Fronte Popular e Galiza diríxese cara ó Plebiscito de Autonomía, votado maioritariamente. No levantamento de xullo de 1936, Alexandre Bóveda mantense fiel aos principios democráticos e constitucionais e pola súa defensa vai ser fusilado o 17 de agosto de 1936. Atila imperaba en Galiza.
¡

7/2/07

Xeración Nós




Coñecese co nome de xeración Nós, ó grupo de escritores que en 1920 fundaron a revista do mesmo nome, e que eles mesmos rexeron ata 1936.
O grupo ourensán da xeración do tempo das Irmandades conferiu á cultura galega unha altura intelectual que non tivera ata entón.
O nome Nós foi elixido por Castelao e foi o mesmo Castelao o que ostentou o título de director artístico de Nós e diseñou as tapas da revista. Pero segundo outros autores, dise que foi Risco quen escolleu este título como homenaxe a Castelao.
O nome de Nós xa aparece con anterioridade nun diario da Coruña chamado "El Noroeste" que desde 1918 víñase publicando co nome de Nós. A predela da revista ten uns monstruos do Pórtico da Groria que encabezarán tamén a primeira páxina do Nós ourensán.
Nun primeiro momento, as inquedanzas do Cenáculo Ourensán non tiñan nada que ver cos ideais defendidos polas Irmandades da Fala. Sen embargo, ou pouco despois, os tres membros do grupo, inducidos por Lousada Diéguez, adhírense á causa colectiva defendida polas Irmandades da Fala e entran de cheo no Galeguismo.
Foi tal a importancia da revista no campo das letras galegas que o seu mesmo título serviría para nomear e singularizar a un grupo de homes (Vicente Risco, Otero Pedraio, Cuevillas e Catelao) que colaboraron na súa elaboración e levaron a cabo a transformación da cultura galega das primeiras décadas do século XX.
2
OBXETIVOS DA XERACIÓN NÓS
Os homes da Xeración Nós despois dunha viaxe polo mundo da cultura europea do seu tempo e á busca de temas exóticos descobren abraiados que Galicia e a súa xente constitúen a máis apaixonante aventura intelectual, este descobremento do seu país levara a Risco, Otero e Cuevillas a un traballo en equipo a prol do estudio, desenrolo e dignificación da realidade galega, conectándoa directamente con Europa nun afán de modernización e de superación do aillamento rural da literatura galega. Conxugarán enxebrismo e europeización da cultura galega.
Estes obxetivos poderíanse sintetizar no seguinte:
Sentimento de ter unha tarefa que cumplir, crear para sempre a cultura galega. É a primeira vez na historia da literatura galega que atopamos un grupo que propón colectivamente organiza-la restauración da cultura galega, creando órganos de expresión propia e participando nas loitas pola defensa do idioma.
AUTORES QUE PARTICIPAN NA REVISTA NÓS
Faremos aquí unha distinción entre Grupo Nós e Xeración Nós:
- Atendendo á formación e evolución ideolóxica dos distintos autores, considérase que forman propiamente o Grupo Nós : Otero Pedraio, Vicente Risco e Florentino López Cuevillas, coñecidos coma os homes do Cenáculo Ourensán.
- Atendendo á participación e colaboración dos autores da Revista Nós, consideraríase dentro da Xeración Nós a aqueles homes nados entre 1880 e 1890 que colaboraron na revista; deste xeito, ademáis dos autores xa citados que constitúen o grupo homoxéneo do Cenáculo Ourensán, incluiríanse na xeración, homes como Lousada Diéguez, Cabanillas e Castelao.
No primeiro número da revista Nós dase como director a Vicente Risco, como xerente a Arturo Nopuerol, como redactor xefe a Xabier Prado, como secretario de redacción a Xulio Gallego. Figuran como redactores: Ramón Cabanillas, Alfonso R. Castelao, Antón Lousada Diéguez, Ramón Otero Pedraio e Florentino L. Cuevillas.

Cova Céltica

A Cova Céltica era unha tertulia nunha libreria da Coruña na que se atopaban os membros máis importantes do Rexurdimento. O gran promotor desta reunión foi Manuel Murguía. Frecuentaron a tertulia entre outros Eduardo Pondal, Florencino Vaamonte, Martínez Salazar, Tettamancy, Pérez Ballesteros, Salvador Golpe, Oviedo Arce, Heladio Rodríguez, Álvarez Insua, Curros, Chané, Martelo Pauman, Lago González, García Ferreeiro, Marcelo Macías, Marcial de la Igrexa, Fernandez Alonso, Banet Fontela, Amor Meilán, Cabeza de León, Martelo Pauman, etc.
Lugrís deixou escrito "Aquela Cova foi a miña universidade libre (…) na que se afirmaron o meu amor e a miña decisión a favor da patria dos galegos"

Historia de Galicia.Os celtas e a nación.


Murguía define os elementos específicos da galeguidade, entre os que destaca a etnia celta como elemento diferenciador esencial, "o mito da orixe celta de Galicia, mito fundador da comunidade", para demostrar a existencia de nación galega e lexitimizar os dereitos de Galicia a preservar e desenvolver a súa cultura e aspirar á autonomía política.
A organización interior dos grupos humanos, as súas estructuras sociais e políticas, están submetidas a unha evolución inevitábel que os foi levando cara á configuración moderna da sociedade; unha vez chegados a este punto o que cómpre facer é esforzarse por purificar ese modelo social dos defectos que arrastra das épocas anteriores. Murguía afirma que a diversidade nacional é unha característica histórica imopsíbel de destruir e, xa que logo, reprocha a súa miopía a aqueles que en España non comprendían "como un territorio, unha raza, una vida común consciente y continuada durante siglos, pueda hacer de una región una nación cuya vida nadie puede ya anular por entero". A raza que, en conxunción co territorio, dará lugar a un idioma e un carácter específicos e irredutíbeis. Os homes na súa loita contra do feudalismo, menosprezaron a historia e todo o bó e conservábel que esta xerara. A nación é para Murguía o suxeito histórico principal, polo que é de interese determinar cal é o concepto xeral de nación que utiliza. Compara as nacións con organismos vivos que loitan pola súa supervivencia; concede á raza unha preponderancia total entre os elementos constitutivos e xeneradores da nación. Aínda que recoñece a importancia da lingua como elemento constitutivo da nación, sitúa sempre a raza en primeiro lugar. Permite afirmar plenamente que Galicia reúne todas as características e condicións para ser unha nación, aínda que só a chame rexión.
Murguía, antes do seu falecemento ten ocasión de asistir como espectador ó nacemento político do nacionalismo galego. No ano 2000 adícaselle o día das Letras Galegas.

5/2/07

Orixe do xornal "A Nosa Terra"


A Nosa Terra foi o órgano de expresión das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936). Editouse íntegramente en galego e foi fundamental para a extensión do ideal galeguista. Publicaronse en total 422 números.
Tivo unha periodicidade moi variable. Comenzou publicándose decenalmente para pasar a saír quincenalmente ata a Dictadura de Primo de Rivera, durante a que publicouse mensualmente. En xunio de 1933 regresou á periodicidade decenal.
O primeiro número saiu o 14 de decembro de 1916 Na Coruña constaba de oito páxinas. Antón Villar Ponte foi o seu director ata a IV Asamblea das Irmandades da Fala (1922). A partir de enton será Víctor Casas quen leve o peso real da dirección, aunque nominalmente foron directores Alexandre Bóveda, Aquilino Iglesias Alvariño en 1933 ou Ramón Suárez Picallo en 1934. O 1 de febreiro de 1932, pouco despois do nacemento do Partido Galeguista, convirtióse no seu órgano de expresión oficial e a redacción trasladóse a Pontevedra. En xunio de 1933 deixouse de publicar durante algún tempo debido a dificultades financieiras.
Os recursos económicos da publicación provenían das subscricións, da publicidade, das donacións dos emigrados galegos de América e das Irmandades da Fala primeiro e do Partido Galeguista despois.
O 17 de xulio de 1936 saíu o último número de "A Nosa Terra".

2/2/07

O inicio das irmandades da fala


En 1918 celebran a "I Asamblea Nazonalista Galega" que tivo como conclusións a reivindicación da autonomia integral, a oficialización da língua e o pedimento de inclusión de Galicia na Sociedade de Nacións de Xenebra. No ano 1920, o 25 de xullo, celébrase por primeira vez o DÍA DE GALICIA. Vicente Risco expresou daquela que o día do Apóstolo constituía a festa da Patria Galega, a festa nacional de Galicia. Os días 30 e 31 de agosto, no Balneario de Mondariz, a Real Academia Galega recibe como membros a Rei Soto e a Ramón Cabanillas.
As Irmandades promoveron a elaboración de diccionarios e gramáticas,de estubios linguísticos e reivindicaron a presencia do galego na Administración e no ensino. Déronlle pulo á actividade editorial nas principais cidades galegas: Céltiga en Ferrol, Lar na Coruña, Alborada en Pontevedra, e moitas outras,ademais de frecuentes seccións en galego na prensa en castelán. Neste contexto aparece a revista Nós, da man de V. Risco, Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas, que conforman o coñecido "Grupo Nós". A eles lígase a figura de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. A obra literaria destes intelectuais, que recuperan campos como o ensaio, outórgalle á prosa galega un grao de desenvolvemento pleno e integra a nosa cultura no contexto europeo. A feble tradición do xénero dramático recibiu un pulo coa creación, desde as Irmandades, do Conservatorio Nacional de Arte Galega, en 1919, que logo pasa a ser Escola Dramática Galega. Os movementos europeos de vangarda inflúen de maneira importante na producción poética galega. Os autores da chamada "Xeración do 25", (Manuel Antonio, Amado Carballo, Bouza Brey) demostraron unha grande vontade de orixinalidade creativa, que pasa polo enfrontamento aberto coas formas tradicionais de poesía.