31/1/07

Otero Pedrayo e o Seminario de Estudos Galegos


Otero dará os seus primeiros pasos na literatura, intervindo na redacción da revista La Centuria (1917-1918). Pouco despois, a instancias de Antón Losada Diéguez, o grupo tomaba consciencia da problemática do país e ingresaba nas fileiras do galeguismo. Ramón Otero Pedrayo integra, con Risco, Castelao e Losada Diéguez, o denominado Grupo Nós. En 1919, Otero gañou as oposicións a cátedras de ensino medio e axiña foi destinado ao Instituto de Ourense. A partir de agora vai dedicarse ao cultivo das nosas letras nos ámbitos máis diversos, distinguíndose como un dos máis insignes polígrafos galegos. Colabora en diferentes xornais e revistas, desenvolve unha intensa actividade na sección de Xeografía e Historia do Seminario de Estudos Galegos e principia o seu labor como escritor.

Participa na fundación do Partido Galeguista e sae elixido, en 1931, deputado das Cortes Constituíntes. No seo do Partido, Otero situábase ideoloxicamente no bando conservador, mais acatou a decisión da maioría cando esta optou pola integración na Frente Popular. Ao comezar a guerra civil, a pesar do seu talante conservador e relixioso, Otero foi expedientado, cesado como catedrático de instituto e retirouse á casa familiar de Trasalba. Desde alí colaborou puntualmente na prensa americana, en publicacións madrileñas e catalanas e, xa a mediados da década de corenta, con maior asiduidade en diferentes xornais galegos.
En 1949 foi restituído na súa cátedra de Instituto e no ano seguinte gañou a cátedra de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Participou tamén na fundación da Editorial Galaxia e numerosos traballos foron publicados na revista Grial.
Na capital galega vai morar ata 1958, etapa na que servirá de guía á mocidade galeguista que está a xurdir nos ambientes universitarios e contribuirá á súa vertebración. No momento do seu falecemento, en 1976, era considerado unanimemente o patriarca das letras galegas.

O rexionalismo liberal de Murguía




( Foto de Manuel Murguía)
A obra de Murguía ocupa un lugar central na tendencia rexionalista liberal. As bases xerais da ideoloxía murguiana consisten no artellamento dunha visión liberal da sociedade e da historia cun historicismo metodolóxico e positivo, no que a compoñente organicista ten cada vez meirande peso, sobre todo no que se refire á definición da nación en xeral. Proclama a compatibilidade de liberalismo e historicismo no rexionalismo:
“El regionalismo, contra lo que sostienen sus adversarios, no acepta el absolutismo, ni predica la vuelta a lo que ya pasó para siempre jamás. Proclama muy alto que es por esencia régimen de libertad: el más grande y el más necesario. […] Los regionalistas quieren conservar lo que es privativo de su pueblo o región, lo que está en su alma y su sangre, pero esto dentro de las libertades modernas, sin renegar de la civilización actual, de la cual derivan las doctrinas que sustentan. Si somos hijos de nuestra región, lo somos también de nuestro tiempo”.
O liberalismo de Murguía sitúase nese abano máis a dereita que na súa mocidade de demócrata- progresista.

Anton Vilar Ponte, creación das Irmandades da Fala

<<"Escudo de la autonomía espiritual,más fuerte que las armas[...] es [...] la vida misma de los pueblos, unha resultante natural del medio, de la herencia, de la selección". Por iso, porque "tenemos una patria natural con su propio instrumento de expresión" compría comezar pola renacencia do idioma, mais non ficar nela pois Galiza,"patria natural","pueblo libre con personalidad histórica gloriosamente definida y con idioma propio [...] y costumbres y usos naturales" habia fomentar o "nacionalismo natural" para acadar unha federación ibérica que vertebrase a España "medienta el reconocimiento de la autonomía franca de las regiones naturales">>
O 5 de xaneiro de 1916, xa volto da Habana e influído polo directos da revista "Estudios Galegos" Aurelio Ribalta enceta dende o xornal "La voz de Galicia" a súa persoal cruzada a prol da creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego e publica "Nacionalismo Galego" e "Nuestra afirmación Rexional". Estes manifestos fan toda unha apoloxíada lingua galega e unha chamada á organización para a súa defensa e ao espallamento do seu uso.
A nova campaña proposta por Vilar Ponte diríxese a todos os "buenos galegos" fosen de dereitas ou de esquerdas, pois se trataba de loitar por Galiza e non de cuestións ideoloxícas.
O 18 de maio reúnense nos locais da Real Academia Galega un grupo de entusiastas da causa na que salientan coñecidos rexionalistas (Lugrís,E.Carré Aldao, Tettamancy,etc.) participan tamén adeptos das ringleiras do republicanismo como do tradicionalismo católico. Acórdase a creación da "Hirmandade dos Amigos da Fala"

Alfredo Brañas

A teoría e a práctica do rexionalismo en Brañas.


A súa ideoloxía configúrase como unha adaptación do catolicismo tradicionalista ao galeguismo sobre o esquema dunha formación xurídica e económica moi intensa.A formulación da súa teoría rexionalista está contida en numerosos traballos, en revistas e xornais, e de xeito especial en El Regionalismo, Estudio sociológico, histórico y literario, editado por Jaime Molinas,1889.En El Regionalismo analiza a idea de Estado e os seus elementos.As súas Bases Generales del Regionalismo y su aplicación a Galicia quiseron ser o gran texto constitutivo do rexionalismo español, aplicable a todos aqueles países rexionais que tiñan as mesmas aspiracións e que podían formar un gran fonte.O dia 1 de xaneiro de 1890,Brañas tomou posesión do seu primeiro cargo público: o de concelleiro de Concello de Santiago de Compostela.O impacto máis forte do pensamento de Brañas produciuse en Catalunya, onde Brañas seguiu moi atento á revolución do rexionalismo catalán e desa observación xurdiron documentos e escritos que él tentaba instaurar en Galicia como deciamos antes as Bases generales de del Regionalismo.O Regionalismo tivo alí unha grande audencia.Os seus discursos foron comentados ou reproducidos por Lo Catalanista, La Renaixensa, La Veu de Catalunya, La de Monserrat e outros xornais.

30/1/07

O Rexurdimento e Rexionalismo


O Rexurdimento é o nome co que se coñece o século XIX na historia da nosa literatura, e expresa nitidamente o que foi unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación en 1863 de Cantares Gallegos, obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento pleno. A consciencia dunha Galicia diferenciada do resto de España foi aumentando progresivamente. Coa publicación en 1853 do primeiro libro escrito en lingua galega, A gaita galega, deuse un paso importante no sentido da normalización literaria galega; o seu autor foi Xoán Manuel Pintos, que xunto con Francisco Añón, Manuel Murguía e outros, pertence ao grupo chamado dos Precursores, que anticiparía o movemento que recibiría o nome de Rexurdimento na cultura Galega.

O rexionalismo e un período que dura entre 1875 e 1907 ,aínda que hoxe en día hai políticos que seguen a mantelo. Neste período dáse unha reestructuración cultural e ideolóxica, na que sectores tradicionalistas e conservadores adoptan as ideas galeguistas. O seu acontecemento destacado é a fundación da Asociación Rexionalista Galega, e terá como líderes principais a Manuel Murguía e Alfredo Brañas. Remata coa fundación da Real Academia Galega e o paso ás Irmandades da Fala.

Anton Vilar Ponte Obras de teatro e Narrativa

Teatro:

1. 1904 - El peso de la ley

2. 1926 - O Mariscal (con Ramón Cabanillas)

3. 1928 - Triptico Teatral: 1905 A patria do labrego - 1919 - Almas mortas 1922 - Entre dous abismos

4.1934 - Os Evanxeos da risa absoluta

Narrativa:

1. Escolma de artigos nacionalistas

2. Pensamento e sementeira




29/1/07

Ramón Cabanillas

Ramón Cabanillas Enriquez naceu o 3 de xuño de 1876 en Ferfíñans (Cambados).

Despois de abandonar a súa carreira eclesiástica en Compostela e regresou a Cambados onde traballou como funcionario do Concello. Con trinta e catro anos emigrou a Cuba, onde residiu entre 1910 e 1915 onde coñeceu a Basilio Álvarez que o gañou para a causa agrarista e a Xosé Fontenla Leal que foi clave para que comezase a escribir en galego.

Cabanillas sobresaiu especialmente nas súas facetas de poeta e autor teatral, cultivando asemade a tradución e, esporadicamente, a prosa. Está considerado como unha das voces máis destacadas da literatura do século XX, o que lle valeu a denominación de Poeta da Raza. Como versificador recurriu a diversos rexistros temáticos -o amoroso, o relixioso ou o de preocupación cívica- e estilísticos. Os ecos intimistas das súas primeiras poesías deixaron paso a proxectos máis comprometidos, nos que puxo as súas verbas ao servizo da construción nacional. É o caso de Da terra asoballada -1926- ou da peza dramática A man de Santiña, que escribiría en 1921 a instancias de Antón Vilar Ponte. Con todo, o lirismo inicial sería retomado en obras como o poemario amoroso A rosa de cen follas -1927-. Tras un longo período de silencio, publicou a finais da década dos corenta Camiños no tempo. Seguiríanlle Antífona da cantiga -1951-, Da miña zanfona -1954-, Versos de alleas terras e tempos idos -1954- e Samos -1958-, o seu último libro publicado en vida.

Morreu o 9 de novembro de 1959 en Cambados.

Anton Vilar Ponte, Biografia

Naceu en Viveiro o 2 de outubro de 1881.Realizou os estudios primarios en Viveiro Lugo e Compostela rematando en 1896. Estudiou a carreira de farmacia licenciándose en 1900. En 1904 instala unha farmacia en Foz, onde se fan tertulias nas que participa Noriega Varela. A partir destas xuntas se impulsan as publicacións "El Automóvil" (1903) e o xornal anticaciquil "Guau,guau" (1906), ademais funda "Nueva Brisa" e escribe en "Revista Gallega" (A Coruña). Xunto con Leiras Pulpeiro en Viveiro promove o xornal "Germinal".Ingresa como redactor no periódico madrileño republicano "El País" trasladándose a Madrid. En 1908, viaxa a Cuba e dirixe o semanario en Camagüey,e na Habana "Diario Español" e a revista "Alma Gallega". Participando dos círculos galeguistas con Basilio Alvarez e Cabanillas sendo impulsor da Academia Galega. En 1910 regresa a Galiza, organiza unha homenaxe ao poeta "Nicomedes Pastor Díaz". Vai como correpondente a Lisboa polo xornal "La Voz de Galicia", é nomeado presidente da Asociación de Prensa coruñesa. En 1916 dirixe "El Noroeste" e leva a corresponsalía de dous xornais cubanos, colaborando tamén en "El Pueblo Gallego" e "Galicia" de Vigo; "Nós" de Ourense; e "El Sol" de Madrid. En 1916 en compaña so seu irmán Ramón funda en A Coruña a Irmandades da Fala. Funda o xornal das Irmandades "A Nosa Terra". Ingresa en 1923 no "Seminario de Estudos Galegos". En 1925 foi concelleiro no pazo do Concello de A Coruña, en 1927 foi encadeado por criticar a dictadura. Xunto con Casares Quiroga en 1929 participa na fundación da "Organización Republicana Gallega". Foi deputado nas Cortes Constituíntes da República Española (1931). En 1934, afiliouse ao "Partido Galeguista", e ingresa na Academia Galega. Nas eleccións de 1936 e de novo elixido deputado. Morreu o 4 de marzo de 1936 en A Coruña.

26/1/07

Otero Pedrayo, mocidade


Ramón Otero Pedrayo naceu en Ourense o 5 de marzo de 1888. O neno Ramón Otero criouse no seo dunha familia culta e liberal. Otero naceu nunha rúa que era daquela o centro do paseo dos señores na cidade e ó lado do Teatro Principal, núcleo da actividade cultural dunha cidade .Na súa mesma casa, no primeiro, naceu e criouse o neno Vicente Martínez-Risco e Agüero. A súa amizade e mútua influencia intelectual será permanente ó longo da vida dos dous máis destacados membros da Xeración Nós. Ramón cursa o bacharelato no Instituto de Ourense que hoxe leva o seu nome no Xardín do Posío- e trala ceda morte de seu pai pasa a Santiago para segui-los estudios de Filosofía e Letras que ha rematar en Madrid. De volta en Ourense en 1911 intégrase non grupos dos "inadaptados" no que participan Vicente Risco e Florentino Cuevillas. Os tres, amigos desde moi noviños, habían seguir evolucións intelectuais semellantes, traballando en empresas colectivas pasando dun acentuado individualismo antisocial a un compromiso galeguista

Alfredo Brañas

Na madurez:

En 1878 ao remate dos seus estudos, volta a Cambados e traballa nunha notaría, en 1881 volta a Santiago para colaborar no novo diario de Antonio Toledo Quintela, El Libredón e comeza a exercer de avogado e a participar nos círculos católicos-tradicionalistas da cidade e a escribir poesía en castelán, e en menor medida en galego. Entre 1885 e 1887 , comeza colaborando co seu sucesor, El Pensamiento Galaico, pero acaba abandonándoo polo carlismo declarado do xornal. En 1889 publica en Barcelon El Regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario, que foi aceptada por todos os sectores do galeguismo como un referente. En 1890 déuselle unha homenaxe en Santiago, que supuxo a primeira xuntanza de todos os galeguistas nun ambiente de unidade, independentemente das diferentes tendencias nas que se dividía, e constituíu o punto de partida da mobilización rexionalista. Entre 1890 e 1891, participa na creación da "Asociación Regionalista Gallega" e escribe no seu voceiro, La Patria Gallega, no que Brañas fala por primeira vez de Galicia como nacionalidade. Participa nos Xogos Florais de Tui de 1891, nos que pola primeira vez nun discurso público emprega o galego. En 1894 publica Historia Económica e en 1896 Curso de Hacienda Pública .

A crise do 98 vai provocar un certo enfriamento das súas posicións rexionalistas e o seu achegamento ao carlismo. O rexionalismo de Brañas baseábase nun catolicismo e un historismo tradicionalista que lle serve para reclamar as liberdades antigas, ao tempo que arremete contra a industrialización, o liberalismo e o capitalismo, reclamanto a volta aos gremios.

24/1/07

Aureliano Pereira

Aureliano Xosé Pereira de la Riva naceu en Lugo en 1855 e morreu en Madrid no ano 1906. De orixes familiares humildes, desempeñou o labor de xornalista en publicacións periódicas como El Heraldo Gallego e liderou o rexionalismo federalista da segunda metade do século dezanove. Republicano convencido, contrario ao caciquismo, partidario dunha sociedade laica e inimigo do sistema foral, Pereira foi, aliás, un home preocupado pola situación da muller no seu tempo e un simpatizante do movemento obreiro. Entre a súa obra poética, redixida na súa totalidade en lingua galega, destaca o volume intitulado Cousas da aldea (1891) e numerosas composicións soltas publicadas en xornais e revistas. Así mesmo, preocupado polo futuro da nosa literatura, sentiu a necesidade de criar unha editorial galega, obxectivo que se acadaría finalmente co nacemento da Biblioteca Gallega, impulsada por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre

22/1/07

O provincialismo e o pronunciamento de Solis

A eclosión dos provincialismo foi no mes de abril de 1846.Antolín funda o periódico La Revolución para que sexa o voceiro da Xunta Suprema.Ó mesmo tempo que se producen diferentes pronunciamentos dalgunhas “xuntas locais”, prodúcese a reacción das forzas militares que non se tiñan sublevado. O Xeneral Puig Samper entra en combate coas tropas de Solís en Sigüeiro (13 de abril). Puig ten que retirarse cara á Coruña.


ó día 15 é o día da constitución da Xunta Suprema en Santiago; pero podemos dicir que este histórico día é o comezo da fin. O día 22 de abril Solís está en Santiago, pero a Xunta non lle autoriza organizar alí a defensa para loitar en contra do exército de Concha que parecía que se acercaba. Por mala estratexia ou por mala información Solís é derrotado por Concha na chamada Batalla de Cacheiras (deuse no lugar de Montouto –hoxe zona residencial- case nas portas de Compostela) e o exército vencedor, perseguindo ó de Solís, entra en Santiago. Un mozo historiador, Manuel Murguía, conta como entraron na súa casa e como, saíndo de San Martiño Pinario, ás 19,30 do 23 de abril, nunha tarde de tormenta, rendíase D. Miguel Solís que foi encarcerado con 60 oficiais do seu exército. O que despois sucedeu é ben coñecido, xa que moito se ten escrito e falado dos “mártires de Carral”.A derrota militar non foi a derrota das ideas, pero si da actividade política. Os que lograron sobrevivir reiniciaron “outro tipo de vida”. As ideas provincialistas mantéñense –máis ou menos- con moitas dificultades e algunha vez maniféstanse –en transición cara ó federalismo ou ó rexionalismo.

os martires de Carral


Monumento adicado os martires de carral

Coñécense como Mártires de Carral aos militares sublevados en varios lugares de Galiza en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados na vila de Carral.
Sendo raíña de España Isabel II, o presidente do Goberno Central, o xeneral Narváez, instaurou unha ditadura que provocou enfrentamentos populares. O 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís e Cuetos, disolvendo o Consello Provincial e a Deputación. O 15 de abril contituíuse en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, que reclamou as libertades e dereitos que Narváez abolira e un trato máis xusto para Galicia

. O día 23 comenzou a batalla de Cacheiras entre as tropas de Madrid e as galeguistas de Solís, que foron derrotadas. A grande superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia. As tropas do xeneral Concha entraron en Compostela a saqueo e pillaxe, segundo se lles prometera.
Solís, entregouse aquela mesma tarde. Tres días despois, un xuízo condenouno a morte en Carral. Este xuízo non foi celebrado en Santiago ou na Coruña por medo aos simpatizantes do coronel que había nestas cidades.
Ao serán, o coronel Solís foi levado ao adro da igrexa de Paleo, onde foi fusilado. O comandante Víctor Velasco e dez oficiais mais foron pasados polas armas na Fraga do Rin, a medio camiño entre Carral e Paleo, foron enterrados no día seguinte no cemiterio de Paleo. Aínda se poden ver as súas tumbas sen inscrición ningunha.
Dez anos despois , un novo goberno nomearía como "beneméritos da Patria" aos doce fusilados. As Cortes concedéronlles a "Cruz de valor e constancia" e decretaron a erección dun monumento, que non se levou a cabo ata o ano 1904. Pódese ver o escudo de Galicia e unha inscrición que di : "Aos mártires dá liberdade mortos ou 26 de abril de 1846. Liga Galega na Cruña".

Segundo conta Murguía, nesa curta primavera de 1846 só aflorou durante 24 días de ilusión e progresismo contra o Goberno de Narváez, que a pesar de dicirse liberal e moderado, tiña na súa contra á mediana e pequena burguesía, a moitos universitarios e bastantes profesionais próximos ó republicanismo. Aquela constituíu a primeira xeración galeguista, formada por persoas que confiaban en que se Solís obtiña éxito sería posible mellorar a situación de Galicia cun xeito distinto de facer política, sen ser unha "colonia da Corte", en palabras de Faraldo.

Alfredo Brañas

Na xuventude:

Alfredo Brañas Menéndez, naceu en Carballo (1859) e morreu en Santiago de Compostela (1900), foi un escritor e ideólogo do rexionalismo galego. Fillo dun rexistrador da propiedade, pasou a infancia en Cambados. Entre 1869 e 1873 estudou o bacharalato en Santiago, e posteriormente estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela trala morte do seu pai consegue rematar os seus estudos grazas á nai dun amigo que lle pagou a carreira, e xa mentres estudaba comezou a escribir na prensa, o xornal compostelano. El Porvenir dirixido por Antonio Toledo Quintela, foi o primeiro no que colaborou.


Fonte: Alfredo Brañas,http://gl.wikipedia.org/wiki/Alfredo_Bra%C3%B1as

19/1/07

Manuel Murguía, historiador

Foto de Manuel Murguía.
Manuel Murguía a partir do ano 1860 comeza a dedicarse íntegramente ós estudios históricos, comeza publicando o primeiro tomo da Historia de Galicia e un ano despois o segundo tomo, precedido cun discurso considerado como a primera pedra do nacionalismo galego dentro do plano conceptual. Murguía forma parte do grupo dos historiadores románticos galegos reivindicando os dereitos históricos de Galicia.
Consagrado agora á tarefa da renacencia cultural galega , nomeárono xefe do Arquivo Xeral de Simancas , o cargo permítelle meterse no mundo dos antigos documentos e aproveitarse desa información . Máis adiante pasou a desempeñar a xefatura do Arquivo Xeral de Galicia . Devido á restauración do 75 tivo que voltar a súa labor periodística . A figura do escritor cobrou de cada vez máis un acusado releve no campo da cultura galega . Era o principal e máis respetado animador dos grupos intelectuais que laboraban polo renacer da cultura autóctona . A súa obra proxectouse nos eidos da creación literaria , no da crítica , e no da investigación .En 1885 é nomeado Cronista Oficial do reino de Galicia. Nese mesmo ano morre Rosalía . A finais de 1890 constitúese a primeira organización política da historia do galeguismo, a Asociación Rexionalismo Galega, da que Murguía é nomeado e publícase o primeiro número do voceiro da asociación, La Patria Gallega. Neste mesmo ano ten lugar a translación dos restos mortais de Rosalía. En 1905 fúndase a Real Academia Galega. A sesión inaugural tivo lugar o 30 de setembro no salón da Reunión de Artesáns da Coruña, baixo a presidencia de Murguía, cargo que exerceu ata a súa morte. En 1916 nacen as Irmandades da Fala e dous anos máis tarde ten lugar en Lugo a I Asamblea Nacionalista. O gran labor realizado por Murguía non se esgotou na obra escrita. Había unha preocupación dominante no seu espírito: a do rexurdimento de Galicia.

16/1/07

Obras de Otero Pedrayo

Obra:
Sus obras, excepto las de ensayo, ordenadas cronológicamente son:
Pantelas, home libre (Pantelas, hombre libre) (relatos breves) (1925)
O purgatorio de don Ramiro (El purgatorio de don Ramiro) (relatos breves) (1926)
Escrito na néboa (Escrito en la niebla) (relatos breves) (1927)
Os caminos da vida (Los caminos de la vida) (novela en tres libros) (1928)
A lagarada (La lagarada) (teatro) (1928)
Arredor de si (Alrededor de sí) (novela) (1930)
Contos do camiño e da rúa (Cuentos del camino y de la calle) (relatos breves) (1932)
Fra Vernero (novela) (1934)
Teatro de máscaras (teatro) (1934)
Devalar (novela) (1935)
O mesón dos Ermos (El mesón de los Ermos) (1936)
O mesón dos Ermos (El mesón de los Ermos) (relatos breves) (1936)
O desengano do prioiro (teatro) (1952)
Entre a vendima e a castiñeira (Entre la vendimia y la castañera) (1957) (relatos breves)
Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar (Bocaribera. Poemas para leer y quemar) (poesía) (1958)
Rosalía (diálogo teatral) (1959)
O señorito da Reboraina (El señorito de la Reboraina) (novela) (1960)
O fidalgo e a noite (El hidalgo y la noche) (diálogo aparentemente teatral) (1970)
Noite compostelá (Noche compostelana) (diálogo aparentemente teatral) (1973)
O Maroutallo (El Maurotallo) (1974) (relatos breves)

12/1/07

Vicente Risco


Vicente Risco naceu en Ourense, en 1884. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago en 1906, tras o cal exerceu a súa profesión na delegación de Facenda da súa vila natal.Cursou os estudos de Filosofia e Letras en Madrid, sendo alumno de Ortega y Gasset. En 1917 fundou con Arturo Noguerol a revista literaria La Centuria. En 1918 todo o grupo de La Centuria manifestou o seu compromiso co galeguismo contactando, coas Irmandades da Fala. Esta evolución ideolóxica ficou plasmada no ensaio Nós, os inadaptados (1933). Risco desenvolveu un labor fundamental a prol da recuperación da cultura galega, chegando a publicar o ensaio Teoría do nacionalismo galego(1920) Ourense. Foi fundador da revista Nós e colaborou no Seminario de Estudos Galegos. No campo político consolidou desde moi cedo o seu peso nas Irmandades, e creando a Irmandade Nazonalista Galega, de opción culturalista fronte ás aspiracións políticas da vella Irmandade da Fala. Iniciou a súa andaina como narrador no ámbito da novela curta para seguir cunha novela fundamental na literatura galega, O porco de pé (1928). Mais tamén cultivou todos os outros xéneros: teatro, poesía e, sobre todo, o ensaio. En 1930 Risco realizou unha viaxe como bolseiro co fin de se achegar á etnografía centroeuropea. De regreso publicou "Da Alemaña" na revista Nós, un conxunto de artigos que serán compilados posteriormente en Mittleleuropa (1934), onde se pode apreciar a súa postura ideolóxica, cada vez máis tradicionalista. A súa aportación máis destacada dentro do Partido Galeguista foi a creación e posterior escisión da Dereita Galeguista. Durante a guerra foi un afervoado cantor dos fascistas sublevados. Tras a súa morte, acaecida en 1963, a multifacetada e controvertida personalidade de Vicente Risco continuou a exercer unha forte fascinación, e a súa obra investigadora, ensaística, crítica, etnográfica e literaria foi obxecto de numerosos estudos.

Alfredo Brañas

O Rexionalismo abrangue a década de 1880 ata nas primeiras andainas das Irmandades da Fala,que inaugurarán unha fase ben diferente do galeguismo, a do nacionalismo políctico.

Manuel Murguía


Manuel Murguía nace o 17 de Maio de 1833 en Arteixo (A Coruña) , era fillo de dona Concepción Murguía e don Juan Martínez . Este era farmacéutico na Coruña e estableceuse despois en Santiago de Compostela . Murguía comezou a estudar filosofía e ó mesmo tempo farmacia por desexo de seu pai . Abandonou a carreira para dedicarse plenamente á seu labor de escritor e investigador , devido a súa interese pola literatura e a historia . Anos máis tarde trasládase a Madrid para rematar a súa carreira . Contrae matrimonio con Rosalía de Castro na igrexia madrileña de San Ildefonso . Murguía foi unha peza de apoio intelectual e social para Rosalía . Despois duns anos deixou o labor creativo para se dedicar por completo á investigación histórica e á divulgación desta , así como a difundir o ideario político . Murguía falece o 2 de Febreiro de 1923 , na súa casa de rúa de Santo Agostiño da Coruña .