19/3/07

O caciquismo


A clave interpretativa do proceso electoral en Galicia é o caciquismo, en tanto que é o cacique o mediador entre unha sociedade rural e tradicional e unha sociedade que impón unhas estruturas de poder de tipo urbano-industrial-capitalista. Estaría presente nesta participación electoral esa contradición para Galiza do século pasado entre a súa fasquia tradicional e o marco político no que está integrada, sendo o caciquismo a resultante desa incapacidade da sociedade galega de asumi-las prácticas políticas instauradas pola revolución liberal burguesa española.
Esto expresa ben esta falla de modernidade que caracteriza á Galiza decimonónica, especialmente no plano político, dobremente eivado pola febleza do galeguismo e esta manipulación electoral realizada sen unha mostra de contestación social. Abonda ve-la lexitimidade con que actúan o "Trampeta" e o "Barbacana", caciques rurais admirablemente descritos no romance "Los pazos de Ulloa" por Dona Emilia Pardo-Bazán.

No hay comentarios: