19/3/07

Castelao político




Dicir que Castelao é o líder máximo do galeguismo non resulta en absoluto esaxerado, neste plano só pode competir con Alexandre Bóveda, en militancia e en fe nacionalista ambos son insuperables. Castelao adhiriuse á Liga de Acción Gallega en 1912 e pode considerarse como o seu primeiro acto de militancia expresa. No 1916 fúndase As Irmandades da Fala, Castelao únese a esta corrente e participará na Asamblea Nacionalista onde os representantes das Irmandades subscribiron un auténtico progama de redención nacional; por primeira vez os asambleístas declaranse nacionalistas e non rexionalistas e reivindican a autonomía integral da Nazón Galega. A finais de 1930 constitúese o Partido Nacionalista Gallego e Castelao e Paz Andrade entre outros interviron no primeiro acto de propaganda, máis tarde participa nunha operación política histórica: a Asamblea convocada pola Federación Republicana Gallega para estudiar e redactar as bases dun Estatuto Galego, a actividade de Castelao para levar as suas últimas consecuencias xurídicas e políticas ó feito do plebiscito autonomista durará toda a guerra e toda a época que sobrevivirá. A guerra civil española e a dictadura franquista oblígano a exiliarse, e dende Arxentina, baixo a presidencia do Centro Gallego de Buenos Aires , desarrolla un vasto, constante e indiscutido maxisterio da galeguidade, por medio de conferencias, artículos, conversacións e polo seu libro "Sempre en Galiza" que é considerado, con razón, a biblia do galeguismo.

No hay comentarios: