22/1/07
os martires de Carral
Monumento adicado os martires de carral
Coñécense como Mártires de Carral aos militares sublevados en varios lugares de Galiza en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados na vila de Carral.
Sendo raíña de España Isabel II, o presidente do Goberno Central, o xeneral Narváez, instaurou unha ditadura que provocou enfrentamentos populares. O 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís e Cuetos, disolvendo o Consello Provincial e a Deputación. O 15 de abril contituíuse en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, que reclamou as libertades e dereitos que Narváez abolira e un trato máis xusto para Galicia
. O día 23 comenzou a batalla de Cacheiras entre as tropas de Madrid e as galeguistas de Solís, que foron derrotadas. A grande superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia. As tropas do xeneral Concha entraron en Compostela a saqueo e pillaxe, segundo se lles prometera.
Solís, entregouse aquela mesma tarde. Tres días despois, un xuízo condenouno a morte en Carral. Este xuízo non foi celebrado en Santiago ou na Coruña por medo aos simpatizantes do coronel que había nestas cidades.
Ao serán, o coronel Solís foi levado ao adro da igrexa de Paleo, onde foi fusilado. O comandante Víctor Velasco e dez oficiais mais foron pasados polas armas na Fraga do Rin, a medio camiño entre Carral e Paleo, foron enterrados no día seguinte no cemiterio de Paleo. Aínda se poden ver as súas tumbas sen inscrición ningunha.
Dez anos despois , un novo goberno nomearía como "beneméritos da Patria" aos doce fusilados. As Cortes concedéronlles a "Cruz de valor e constancia" e decretaron a erección dun monumento, que non se levou a cabo ata o ano 1904. Pódese ver o escudo de Galicia e unha inscrición que di : "Aos mártires dá liberdade mortos ou 26 de abril de 1846. Liga Galega na Cruña".
Segundo conta Murguía, nesa curta primavera de 1846 só aflorou durante 24 días de ilusión e progresismo contra o Goberno de Narváez, que a pesar de dicirse liberal e moderado, tiña na súa contra á mediana e pequena burguesía, a moitos universitarios e bastantes profesionais próximos ó republicanismo. Aquela constituíu a primeira xeración galeguista, formada por persoas que confiaban en que se Solís obtiña éxito sería posible mellorar a situación de Galicia cun xeito distinto de facer política, sen ser unha "colonia da Corte", en palabras de Faraldo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario