26/1/07

Alfredo Brañas

Na madurez:

En 1878 ao remate dos seus estudos, volta a Cambados e traballa nunha notaría, en 1881 volta a Santiago para colaborar no novo diario de Antonio Toledo Quintela, El Libredón e comeza a exercer de avogado e a participar nos círculos católicos-tradicionalistas da cidade e a escribir poesía en castelán, e en menor medida en galego. Entre 1885 e 1887 , comeza colaborando co seu sucesor, El Pensamiento Galaico, pero acaba abandonándoo polo carlismo declarado do xornal. En 1889 publica en Barcelon El Regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario, que foi aceptada por todos os sectores do galeguismo como un referente. En 1890 déuselle unha homenaxe en Santiago, que supuxo a primeira xuntanza de todos os galeguistas nun ambiente de unidade, independentemente das diferentes tendencias nas que se dividía, e constituíu o punto de partida da mobilización rexionalista. Entre 1890 e 1891, participa na creación da "Asociación Regionalista Gallega" e escribe no seu voceiro, La Patria Gallega, no que Brañas fala por primeira vez de Galicia como nacionalidade. Participa nos Xogos Florais de Tui de 1891, nos que pola primeira vez nun discurso público emprega o galego. En 1894 publica Historia Económica e en 1896 Curso de Hacienda Pública .

A crise do 98 vai provocar un certo enfriamento das súas posicións rexionalistas e o seu achegamento ao carlismo. O rexionalismo de Brañas baseábase nun catolicismo e un historismo tradicionalista que lle serve para reclamar as liberdades antigas, ao tempo que arremete contra a industrialización, o liberalismo e o capitalismo, reclamanto a volta aos gremios.

No hay comentarios: