22/1/07

O provincialismo e o pronunciamento de Solis

A eclosión dos provincialismo foi no mes de abril de 1846.Antolín funda o periódico La Revolución para que sexa o voceiro da Xunta Suprema.Ó mesmo tempo que se producen diferentes pronunciamentos dalgunhas “xuntas locais”, prodúcese a reacción das forzas militares que non se tiñan sublevado. O Xeneral Puig Samper entra en combate coas tropas de Solís en Sigüeiro (13 de abril). Puig ten que retirarse cara á Coruña.


ó día 15 é o día da constitución da Xunta Suprema en Santiago; pero podemos dicir que este histórico día é o comezo da fin. O día 22 de abril Solís está en Santiago, pero a Xunta non lle autoriza organizar alí a defensa para loitar en contra do exército de Concha que parecía que se acercaba. Por mala estratexia ou por mala información Solís é derrotado por Concha na chamada Batalla de Cacheiras (deuse no lugar de Montouto –hoxe zona residencial- case nas portas de Compostela) e o exército vencedor, perseguindo ó de Solís, entra en Santiago. Un mozo historiador, Manuel Murguía, conta como entraron na súa casa e como, saíndo de San Martiño Pinario, ás 19,30 do 23 de abril, nunha tarde de tormenta, rendíase D. Miguel Solís que foi encarcerado con 60 oficiais do seu exército. O que despois sucedeu é ben coñecido, xa que moito se ten escrito e falado dos “mártires de Carral”.A derrota militar non foi a derrota das ideas, pero si da actividade política. Os que lograron sobrevivir reiniciaron “outro tipo de vida”. As ideas provincialistas mantéñense –máis ou menos- con moitas dificultades e algunha vez maniféstanse –en transición cara ó federalismo ou ó rexionalismo.

No hay comentarios: