24/1/07
Aureliano Pereira
Aureliano Xosé Pereira de la Riva naceu en Lugo en 1855 e morreu en Madrid no ano 1906. De orixes familiares humildes, desempeñou o labor de xornalista en publicacións periódicas como El Heraldo Gallego e liderou o rexionalismo federalista da segunda metade do século dezanove. Republicano convencido, contrario ao caciquismo, partidario dunha sociedade laica e inimigo do sistema foral, Pereira foi, aliás, un home preocupado pola situación da muller no seu tempo e un simpatizante do movemento obreiro. Entre a súa obra poética, redixida na súa totalidade en lingua galega, destaca o volume intitulado Cousas da aldea (1891) e numerosas composicións soltas publicadas en xornais e revistas. Así mesmo, preocupado polo futuro da nosa literatura, sentiu a necesidade de criar unha editorial galega, obxectivo que se acadaría finalmente co nacemento da Biblioteca Gallega, impulsada por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario