14/2/07

Rodriguez Castelao, Alfonso Daniel


Naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886, e morreu no exilio en Bos Aires o7 de xaneiro de 1950. Fillo de Manuel Rodríguez Dios, mariñeiro, e de Joaquina Castelao Genme. Con 9 anos de idade súa nai e máis el trasladáronse á Pampa arxentina a reunirse co seu pai que se establecera en Santa Rosa deToay cunha pulpería. De regreso a Rianxo, a prosperidade económica lograda na experiencia emigratoria permitiulle estudiar a carreira de Medicina en Santiago, onde se licenciou no 1908.Foi un home polifacético: debuxante, escritor e político, a súa biografíaestá íntimamente vencellada ós acontecementos históricos do seu tempo e ó desenvolvemento dunha obra de creación multixenérica e xenial que o consagrou como un dos máis grandes artistas galegos de todos os tempos. Debutou en Madrid no II Salón de La Caricatura (1908). Traballou logo enGalicia Moza, O barbeiro Municipal, Mi tierra, La Voz de Galicia (B. Aires), Suevia, A Nosa Terra, El Sol (Madrid), El Pueblo Gallego, El Parlamentario(Madrid), La ilustración gallega y americana (Madrid), Suevia(B. Aires), Nós, Galicia, Bohemia (La Habana). Morre no sanatorio do Centro gallego o 7 de Xaneiro. O franquismo ordeou silenciar o acontecemento en España, pero non logrou evitar a fonda emoción que causou na Galicia emigrada e exiliada nin a solemne ceremonia do seu enterro no mausoleo do Centro Gallego no cemiterio de Chacarita. Alí ficaron os seus restos ata que en 1984 foron transladados ó Panteon de Galegos Ilustres de San Domingo de Bonaval, en santiago de Compostela. Se Castelao foi un dos máis grandes artistas plásticos que deu a cultura galega en todos os tempos, non é menos certo que foi o líder máximo do galeguismo e que a riqueza da súa figura humana e intelectual motivou que esta fose adoito usurpada e manipulada por aqueles que querían apropiarse do seu valor simbólico.

No hay comentarios: