27/2/07

Florentino López Cuevillas



Naceu na cidade de Ourense o 14 de novembro de 1868, e morreu nesta cidade o 30 de xullo de 1958. Cuevillas estudiou o Bacharelato no Instituto de Ourense, onde acadou o título de bacharel en 1901, e a carreira de Farmacia en Santiago de Compostela, que rematou en 1906. Nunca chegou a exercer esta profesión, senón que traballou como funcionario da delegación de Facenda en Ourense. Estivo destinado en Madrid durante unha breve temporada e estudou alí por libre Filosofia e Letras, carreira que non rematou. Amigo de Ramon Otero Pedrayo e Vicente Risco, pola súa influencia formou parte no Grupo Nós, foi o prehistoriador do grupo, onde publicou o seu primeiro artigo arqueolóxico "A mansión Aquis Querquernis"en 1920 e o primeiro castro que estudiou foi o da parroquia de San Cibrao de Las (Ourense). Neste estudio fornecéronlle a Cuevillas datos para os seus traballos, publicados no revista Nós, que levou o título A Edade de Ferro no Galiza. Tamén nesta revista publicou o seu Catálogo dos Castros Galegos. Cuevillas fixo excavacións e escribiu traballos en colaboración con outros prehistoriadores e etnógrafos, como Bouza Brey, Antón Fraguas, Xaquín Lorenzo, Manuel Chamoso Lamas... Considerado o pai dos estudos prehistóricos de Galiza, dedicou parte a "Historia de Galiza" (1973), dirixida por Otero Pedrayo. Paralelo a súa dedicación na prehistoria escribiu algúns títulos literarios e editounos a Editorial Galaxia (1962) co título" Prosas Galegas".
Castro de Troña

No hay comentarios: