2/2/07

O inicio das irmandades da fala


En 1918 celebran a "I Asamblea Nazonalista Galega" que tivo como conclusións a reivindicación da autonomia integral, a oficialización da língua e o pedimento de inclusión de Galicia na Sociedade de Nacións de Xenebra. No ano 1920, o 25 de xullo, celébrase por primeira vez o DÍA DE GALICIA. Vicente Risco expresou daquela que o día do Apóstolo constituía a festa da Patria Galega, a festa nacional de Galicia. Os días 30 e 31 de agosto, no Balneario de Mondariz, a Real Academia Galega recibe como membros a Rei Soto e a Ramón Cabanillas.
As Irmandades promoveron a elaboración de diccionarios e gramáticas,de estubios linguísticos e reivindicaron a presencia do galego na Administración e no ensino. Déronlle pulo á actividade editorial nas principais cidades galegas: Céltiga en Ferrol, Lar na Coruña, Alborada en Pontevedra, e moitas outras,ademais de frecuentes seccións en galego na prensa en castelán. Neste contexto aparece a revista Nós, da man de V. Risco, Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas, que conforman o coñecido "Grupo Nós". A eles lígase a figura de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. A obra literaria destes intelectuais, que recuperan campos como o ensaio, outórgalle á prosa galega un grao de desenvolvemento pleno e integra a nosa cultura no contexto europeo. A feble tradición do xénero dramático recibiu un pulo coa creación, desde as Irmandades, do Conservatorio Nacional de Arte Galega, en 1919, que logo pasa a ser Escola Dramática Galega. Os movementos europeos de vangarda inflúen de maneira importante na producción poética galega. Os autores da chamada "Xeración do 25", (Manuel Antonio, Amado Carballo, Bouza Brey) demostraron unha grande vontade de orixinalidade creativa, que pasa polo enfrontamento aberto coas formas tradicionais de poesía.

No hay comentarios: