
No ano 1963 participou na fundación do PSG (Partido Socialista Galego) na clandestinidade; tamén se fai cargo da subdireción da Revista de Economía de Galicia (cargo que deixaría no percorrer do ano 1968).
No 1967 recibe o Premio da Casa Galicia de Nova Iorque polo seu libro O problema do desenrolo na Galiza rural. Xa no ano 1968 vense vivir definitivamente á Galiza, e comeza a traballar coma profesor de Estrutura e Institucións Economicas na Faculdade de Económicas. No 1970 publica a súa tese doutoral sobre o desenvolvemento económico e demográfico en Galiza entre o 1900 e o 1960 co titulo Estructura y problemas de la población gallega, co que gaña o Premio Extraordinario de Doutoramento e consegue, tamén, ser profesor adxunto na Cátedra de Estrutura Económica.
No 1971 asume o cargo de secretario xeral do PSG. No 1972 publica en Vigo O atraso económico de Galiza editado en Galaxia nese mesmo ano ofrécenlle o posto de Decano en funcións durante as revoltas estudantís e obreiras; posto que reafirmaría anos mais adiante. Dentro das súas colaboracións colectivas xorden no ano 1975, publicadas en Vigo, dúas obras; A Galiza rural na encrucilladae Contaminación industrial e desenvolvimento. No 1977 deixa o cargo de secretario xeral no PSG, despois de encabezar as listas pola provincia da Coruña nas primeiras eleccións xerais da transición democrática nas que non conseguíu o escano. Neste ano foi designado Académico numerario da RAG (Real Academia Galega), cargo ao que renunciou tempo máis tarde. Tamén este mesmo ano encarregouse da dirección dunha investigación sobre o proceso de modernización da agricultura galega, cos fondos patrocinado pola Fundación Pedro Barrié e a Universidad de Montpellier.
En 1980 Beiras accede definitivamente á Cátedra de Estrutura Económica na Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1982 e participa na constitución do BNG (Bloque Nacionalista Galego) do cal entra na súa Dirección Nacional e Permanente. Nese ano sae a súa publicación O atraso e Nós. Aportación para un debate encol o atraso económico.
Nas eleccións do 24 de novembro do 1985, Beiras foi elixido deputado ao parlamento galego; tamén publica Constitución española e nacionalismo galego: unha visión socialista. O 17 de decembro de 1989 vólvese presentar ás eleccións, e de novo gaña o escano pola Coruña, xunto con outros 4 representantes, e asume o cargo de portavoz do grupo.
Na lexislatura do 1989/1993 foi gañando protagonismo no parlamento en ocasións aportando doses de espectacularidade nas súas intervencións como cando ante a iniciativa do Partido Popular de modificar o Regulamento do Parlamento e amosou o seu descontento petando na mesa cun zapato, remomorando o xesto de Kruschev nunha asemblea da ONU.
O 17 de outubro de 1993 apresentouse por terceira vez na cabeza da candidatura pola Coruña e como candidato a Presidencia da Xunta de Galiza. Xa metidos de cheo no 1995, Beiras é proposto como Portavoz Nacional do grupo, cargo no que resulta elixido na VII Asamblea; isto viña a apoiar a súa presentación en xaneiro do 1991 e marzo do 1993, nas que obtivo un bo apoio.

Na autonómicas do 2001 renova outra volta o seu escano, pero ve como o seu grupo baixa un deputado quedando en 17. O 27 de abril do 2004 asina, xunto co seu compañeiro de grupo, Anxo Quintana González, na representacion do BNG para dar desenvolvemento ao documento base asinado polo BNG, CiU e EAJ-PNV o 6 de abril dese ano. O que daría a nova presentación do grupo de formacións politicas "Galeuscat Pobos de Europa" para a celebración da eleccións ao Parlamento Europeo do 13 de xuño de 2004, nas cales este grupo conseguirá 3 escanos. Xa o 11 de abril do 2005 presenta ante os compañeiros do BNG a súa demisión coma Presidente do Consello Nacional do BNG e a súa renuncia a formar parte das listas electorais do BNG á Xunta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario