15/5/07

Real Academia Galega

O 30 de setembro de 1906 fundase a Real Academia Galega, o seu antecedente foi, Folklore Gallego no ano 1895, presidida por Emilia Pardo Bazán. Posteriormente, Emilia Pardo Bazán e Pérez Costales, serán nomeados presidenta e académico de honra da institución.
Pero tal como sinala o historiador pioneiro da institución, Ramón Villar Ponte, o verdadeiro mérito e punto de partida da fundación da Real Academia Galega está, como tantas outras iniciativas, no fervor e na xenerosidade do mundo societario da emigración.
Na primeira etapa da academia (1906-1923), presidida por Manuel Murguía, asistimos á definitiva mitificación da figura de Rosalía mentres que, paralelamente, se minusvaloran os servizos que Murguía prestara á cultura galega. No outono da súa existencia soportou pacientemente, en silencio, moitas acusacións inxustas prestando con esta actitude un servizo notable á institución que presidía.
Desde o primeiro ano da súa presidencia, concretamente desde o 20 de maio de 1906, Murguía dotou a Academia dunha publicación, Boletín de la Academia Gallega, que constitúe hoxe, despois de atravesar o século XX, unha digna marca de identidade para a institución.
Na segunda etapa da Real Academia Galega (1923-1936), condicionada polo baleiro que deixa a figura de Murguía, ocupan a presidencia Andrés Martínez Salazar (1923), Francisco Ponte Blanco (1923-1926), Eladio Rodríguez González (1926-1934) e Manuel Lugrís Freire (1934-1935).

No hay comentarios: