4/5/07

Valentin Paz Andrade


Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morreu en Vigo o 19 de maio de 1987. Estudou a carreira de Dereito en Santiago. Inicia a súa aproximación ó galeguismo, guiado polo feito que supuxo a creación das Irmandades da fala. Entre 1922 e 1926 dirixe o xornal Galicia, unha alternativa liberal e democrática que aglutinaba destacadas personalidades da vida e a cultura galegas, entre elas a Castelao. Milita no Partido Galeguista. En 1931 preséntase con Castelao e Cabanillas ás cortes constituíntes, non saíndo elixido por unha diferenza de poucos votos. En 1934 é nomeado Secretario do Partido Galeguista, en substitución de Castelao. En 1936 colabora na campaña polo Estatuto de Galicia. Nesta época, mantén contactos cos republicanos e despois da morte de Castelao en 1950 relaciónase cos emigrantes e exiliados galegos en Arxentina e intensifica a súa relación co mundo da pesca e a súa colaboración coa FAO. En 1976 e 1977, despois da morte do Ditador, representa a Galicia na "Comisión dos dez", e nas eleccións democráticas foi elixido senador por Pontevedra dentro das listas da Candidatura Democrática Galega. En 1978 pronuncia o discurso de ingreso na Real Academia Galega, da que é membro desde 1964.
Impulsor de Pescanova, empresa da que foi vicepresidente, e técnico da FAO . Participante en numerosos congresos internacionais da ONU sobre agricultura e alimentación.

No hay comentarios: