Ramón Piñeiro López naceu na parroquia de Armeá en Láncara (Lugo) no ano 1915. Desde mozo interveu no movemento galeguista e xa en 1932, en plena II República, entra en relación con círculos galeguistas lucenses.
Ó ano seguinte asiste á Asemblea do Partido Galeguista, onde establece amizade con senlleiras figuras como Otero Pedrayo, Alexandre Bóveda, Castelao... foi secretario do Comité Provincial para o Estatuto de Autonomía de 1936. Trala Guerra Civil interveu na política galeguista clandestina e estivo preso durante tres anos. Unha vez en liberdade e en vista das poucas posibilidades de que se produza un cambio de réxime inicia unha vía legal tendente á afirmación de Galicia como pobo nas conciencias das novas xeracións, configurando así a estratexía do galeguismo culturalista.
.
Con esta intención participa na fundación da Editorial Galaxia (1950), na que traballou ata 1966, data en que se trasladou a Estados Unidos como profesor da Universidade de Middlebury. Galaxia será a empresa de difusión cultural galega máis significativa durante a posguerra e Ramón Piñeiro converterase neses anos nun "mestre espiritual" para a mocidade daquela época. En novembro de 1967 ingresa na Real Academia Galega.

Coa restauración democrática e o inicio do proceso autonómico, o seu nome soa moito como candidato á presidencia da Xunta, feito que non se chega a materializar, maiis o seu traballo foi de crucial importancia de cara á consecución do actual Estatuto de Autonomía, e mesmo chega a ser elixido deputado pola provincia da Coruña como independente nas listas do PSdG-PSOE.
En 1983 converterase, por elección dos seus membros, no primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, como público e merecido recoñecemento a unha das personalidades máis egrexias e que máis fondamente influíron na vida política e cultural de Galicia no século XX. O 27 de agosto de 1990 morre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario