23/4/07

Creación editorial Galaxia



A editorial Galaxia é unha editorial fundada o 25 de xullo de 1950 en Santiago de Compostela. Trátase da empresa editorial con mais significado da historia de Galicia.Ten editado ao redor de 2.000 volumes.
Entre os fundadores da editorial, encontrábanse galeguistas históricos como Ramón Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro (o seu primeiro director literario e o seu gran animador intelectual) e outros. A vocación do proxecto era recuperar para a lingua galega a súa significación histórica e o seu valor cultural tanto na creación como na transmisión do pensamento.
Domingo García-Sabell, Rof Carballo, Celestino Fernández de la Vega, Ramón Piñeiro, Xaime Isla Couto e Francisco Fernández del Riego configuraron o núcleo do que se coñeceu como grupo Galaxia, célula activa da creación intelectual, en busca dun discurso galego, moderno e universalista.
A orixe intelectual de Galaxia está no «Suplemento del Sábado» do periódico compostelán La Noche; aínda que suspendido pronto pola administración franquista, nel comezaron a colaborar moitas persoeiros que logo configuraron o fondo da editorial.
O primeiro libro publicado foi Antífona da cantiga (1951), de Ramón Cabanillas.
Simultaneamente o labor da edición de libros, Galaxia comezou en 1951 a publicar unha revista cultural, os Cadernos Grial (que pronto foi prohibida e non volveu circular ata 1963).
Do mesmo xeito a editorial propulsou a creación de varias fundacións culturais, como a Fundación Penzol, a Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Isla Couto, e entre 1958 e 1968 a Revista de Economía de Galicia.
En 1985, Carlos Casares asumiu a dirección da editorial e animou un importante proceso de actualización e modernización da mesma ata a súa temprana morte.

No hay comentarios: