18/4/07

Xosé Luis Méndez Ferrín


Mendez Ferrín naceu en Ourense en 1938, fixo os primeiros cursos de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela onde toma contacto co galeguismo cultural nucleado na Editorial Galaxia. Licienciose en Filoloxía Románica en Madrid, onde formou parte do grupo “Brais Pinto”. Viaxou por Europa onde entrou en contacto co marxismo e estudou un curso de cultura inglesa na “Universidade de Oxford” .Trasládase a Vigo onde traballou de profesor ni “IES Santa Irene”. Devido a súa actividade política foi procesado en tres ocasións. O seu pensamento político era que a única saída para a Galiza contemporánea era a fusión entre galeguismo radical e marxismo-leninismo. No 1964 Ferrín cofundou a UPG e posteriormente o PGP e Galiza Ceibe. Novelista, poeta, dramaturgo e crítico literario, Ferrín é unha das grandes figuras literarias da Galicia actual.

17/4/07

Unión do Pobo Galego (UPG)


A UPG é un partido comunista que enlaza coa tradición política do galeguismo nacionalista da II República española, parte de que Galicia é unha nación.A primeira fundación data de novembro de 1963 con Xosé Luís Méndez Ferrín, Bautista Álvarez, Raimundo Patiño, Xosé Luís Blasco e Xosé Antonio Arjona. En 1964 o Consello da Mocedade baixo a dirección de Ramón Piñeiro, expulsa ao sector máis esquerdista que refunda a UPG o 25 de Xullo de 1964 integrado ao grupo Brais Pinto, antigos militantes da Federación de Mocidades Galeguistas e nacionalistas de esquerdas. A partir de 1972 a UPG comeza a aumentar a súa base social e en 1973 a formación da Fronte Obreira dirixida por Moncho Reboiras. Para concurrir as primeiras eleccións democráticas de 1977 a UPG artellou unha fronte nacionalista , BN-PG. A UPG é a columna vertebral do BNG.

16/4/07

Fundación do PSG

O 23 agosto de 1963 Mario Orxajes Pita, Salvador Rei, Salvador García Bodaño, Xosé Luis Rodriguez Pardo, Cesáreo Saco, Manuel Caamaño e Ramón Piñeiro nunha xuntanza clandestina fundan o PSG.O novo partido atraeu a antigas membros do Partido Galeguista como Francisco Fernandez del Riego, que foi elixido presidente do partido, Amado Losada, Domingo Pombo e a mozos influídos polo piñeirismo como Xosé Manuel Beiras Torrado e Ramón Lugrís.

Luis Soto


Luis Soto e os mozos do grupo Brais Pinto refundaran a nova UPG nun encontro en Madrid. Este partido e constituido 0 25 de xullo de 1964 , o principio foi integrada por estudiantes e intelectuais
que confluian de maneira efectiva galeguismo e marxismo.
De contado dara a coñecer un programa coas bases redactadas.
ese programa seria coñecido como "os dez principios minimos"
nel mesturase socialismo e nacionalismo dunha maneira un tanto confusa

13/4/07

Grupo Brais Pinto

A finais dos anos 50, un grupo de estudantes e xóvenes traballadores galegos de ideoloxía esquerdista formou en Madrid o grupo denominado Brais Pinto (1958). Dentro del convivían asalariados e empregados (R. Patiño, C. Arias, Bautista Álvarez, X.L. Méndez Ferrín, B. Álvarez, "Foz" e Manoel María). Á parte de organizaren tertulias, actividades culturais e editaren unha colección de poesía, os membros do grupo Brais Pinto evolúen teoricamente cara o marxismo, e neles comeza a madurecer a idea de formar un novo partido nacionalista de esquerda superador de inactividade política do "piñeirismo" (promocionar á cultura e impregnar a sociedade de galeguismo e renunciar á necesidade de crear forzas políticas nacionalistas). De distintas reunións clandestinas celebradas nas vilas máis importante de Galicia xurdiu unha organización denominada Consello da Mocedade, do que foi elexido secretario xeral Moreda. Nun comezo, as bases ideolóxicas do que ía ser unha organización eran vagas (reactualizar o legado do PG e dar unha nova orientación ao nacionalismo galego).
O Consello non puido sobrevivir polas súas propias desavenencias e no 1964 desapareceu.
Con anterioridade á fundación do Consello, en novembro de 1963, varios integrantes do grupo Brais Pinto (B. Álvarez, R. Patiño, X.A. Arjona) consitutiron tamén en Madrid unha nova organizáción política: a Unión do Pobo Galego (UPG) .

20/3/07

Castelao: debuxos e caricaturas









Os debuxos están complementados con textos agudos mostrándonos a Galiza agraria, o caciquismo, o drama da emigración, as pobres xentes do campo, os cegos, os desamparados, o sufrimento do pobo, todo isto baixo un punto de vista crítico e realista mais cunha fina ollada humorista. Como artista realizou moitos debuxos e caricaturas, ilustrou libros, publicou debuxos nos seus libros, "Álbum Nós", “Cincoenta homes por dez reás”, “Cousas da vida”, “Galicia mártir”, “Atila en Galicia”, “Milicianos” e "Debuxos de negros"

Anisia Miranda

Isaac Díaz Pardo

Xosé Neira Vilas

Francisco Fernandéz del Riego

Entrevista a Xaime Isla Couto

19/3/07

Castelao político




Dicir que Castelao é o líder máximo do galeguismo non resulta en absoluto esaxerado, neste plano só pode competir con Alexandre Bóveda, en militancia e en fe nacionalista ambos son insuperables. Castelao adhiriuse á Liga de Acción Gallega en 1912 e pode considerarse como o seu primeiro acto de militancia expresa. No 1916 fúndase As Irmandades da Fala, Castelao únese a esta corrente e participará na Asamblea Nacionalista onde os representantes das Irmandades subscribiron un auténtico progama de redención nacional; por primeira vez os asambleístas declaranse nacionalistas e non rexionalistas e reivindican a autonomía integral da Nazón Galega. A finais de 1930 constitúese o Partido Nacionalista Gallego e Castelao e Paz Andrade entre outros interviron no primeiro acto de propaganda, máis tarde participa nunha operación política histórica: a Asamblea convocada pola Federación Republicana Gallega para estudiar e redactar as bases dun Estatuto Galego, a actividade de Castelao para levar as suas últimas consecuencias xurídicas e políticas ó feito do plebiscito autonomista durará toda a guerra e toda a época que sobrevivirá. A guerra civil española e a dictadura franquista oblígano a exiliarse, e dende Arxentina, baixo a presidencia do Centro Gallego de Buenos Aires , desarrolla un vasto, constante e indiscutido maxisterio da galeguidade, por medio de conferencias, artículos, conversacións e polo seu libro "Sempre en Galiza" que é considerado, con razón, a biblia do galeguismo.

O caciquismo


A clave interpretativa do proceso electoral en Galicia é o caciquismo, en tanto que é o cacique o mediador entre unha sociedade rural e tradicional e unha sociedade que impón unhas estruturas de poder de tipo urbano-industrial-capitalista. Estaría presente nesta participación electoral esa contradición para Galiza do século pasado entre a súa fasquia tradicional e o marco político no que está integrada, sendo o caciquismo a resultante desa incapacidade da sociedade galega de asumi-las prácticas políticas instauradas pola revolución liberal burguesa española.
Esto expresa ben esta falla de modernidade que caracteriza á Galiza decimonónica, especialmente no plano político, dobremente eivado pola febleza do galeguismo e esta manipulación electoral realizada sen unha mostra de contestación social. Abonda ve-la lexitimidade con que actúan o "Trampeta" e o "Barbacana", caciques rurais admirablemente descritos no romance "Los pazos de Ulloa" por Dona Emilia Pardo-Bazán.

16/3/07

Suarez Picallo. O exilio



Derrotada a República Picallo esperou ata o último momento para partir ao desterro. Con Marcial Fernández dirixiuse a Darnius, o cruce da fronteira francesa, e desde alí ata Perpignan. Logo trasladouse a Cherburgo, onde se embarcou no Queen Mary rumo a Nova York.
En xullo de 1939 marchou á República Dominicana e alí exerceu durante un ano o xornalismo como director do diario La Nación. Abandonou o país cara Chile debido ás presións políticas do goberno de Trujillo. Alí comezou traballando no xornal La Opinión, para logo pasar a La Hora, órgano oficial do Partido Radical, que gobernarou Chile entre 1938 e 1951, El Mercurio e El Sur da cidade de Concepción de Chile, onde tiña unha columna denominada "La Feria del Mundo". Foi a súa época máis prolífica como escritor, xa que neste período produciu o 80% da súa obra.
O 15 de novembro de 1944 participou na fundación en Montevideo do Consello de Galiza, xunto con Alfonso Rodríguez Castelao, Elpidio Villaverde, Antón Alonso Ríos. En 1954 viaxou por vez primeira a Bos Aires logo de varios anos de exilio en Chile co obxecto de participar como figura principal dos actos programados pola Comisión Intersocietaria con motivo do 18 aniversario do Plebiscito de Estatuto de Galiza. Abandonou a Arxentina pola hostilidade do goberno de Perón. Voltou en 1956 para participar do Primeiro Congreso da Emigración Galega, que se celebrou desde o 24 ao 31 de xullo nos salóns do Centro Asturiano.
En 1959 Picallo fíxose cargo da Cátedra de Cultura Galega do Centro Lucense de Bos Aires. En 1961 comezou tamén o seu primeiro curso de xornalismo, que continuou impartindo ata 1962.
Nos últimos anos padeceu unha enfermidade mental que o obrigou a ser internado. Morreu no Sanatorio do Centro Galego de Bos Aires o 14 de outubro de 1964.

Suarez Picallo. Lider republicano e galeguista


Suárez Picallo chegou a Galiza o 4 de xuño xusto para participar o día 5 nos actos que se celebraon nos salóns do Teatro Principal da Coruña. Durante a asemblea ambos os delegados da emigración xogarían un papel moi activo. Alonso Ríos foi elixido presidente da mesma e Suárez Picallo foi proposto como candidato a deputado constituínte. Durante a campaña electoral percorreu unha chea de vilas e aldeas da Coruña. O 28 de xuño Picallo recibiu 55.054 votos, sendo elixido deputado.
En decembro de 1931 participou da fundación do Partido Galeguista, obxectivo este que se tiñan marcado desde a emigración. Rapidamente Picallo se converteu xunto a Castelao na imaxe pública deste partido, pasando a liderar dentro do mesmo a corrente de esquerda nacionalista. Foi a presión de Picallo a que definiu a política de alianzas progresista do Partido Galeguista cos partidos que posteriormente conformaron a Frente Popular.
Picallo tivo unha activa participación parlamentaria sendo elixido membro da comisión de Traballo e Previsión. Entre as intervencións máis destacadas de Picallo estiveron a situación dos emigrantes españois na República Arxentina e a súa repatriación e o proxecto de Constitución nas eleccións de 1933, ainda co retroceso electoral, obtivo 78.000 votos, que non lle chegaron para ser elixido deputado. Aproveitou para facer o bacharelato no Instituto de Ensinanza Secundaria de Lugo e posteriormente a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.
Durante estes anos Picallo foi o director de A Nosa Terra, dirixiu SER, un semanario de esquerdas, foi o vicedirector de Claridad de Santiago de Compostela, e escribiu en Vanguardia Gallega de Lugo. Os seus artigos foron impresos por distintos xornais de cidades españolas como El Sol de Madrid, Le Humanite de Barcelona e El Ideal Vasco. Co triunfo da Frente Popular o 16 de febreiro de 1936, Picallo obtivo unha acta de deputado en representación do Partido Galeguista pola provincia da Coruña. Formou parte da comisión que levou Estatuto de Autonomía de Galicia a Madrid, co que o Alzamento Nacional o sorprendeu ali. O seu irmán Antonio foi paseado en Sada. acompañou a Castelao a Barcelona e alí responsabilizouse da edición do Nova Galicia, boletín quincenal dos escritores galegos antifascistas, xornal de difusión do galeguismo durante a contenda civil.