13/4/07

Grupo Brais Pinto

A finais dos anos 50, un grupo de estudantes e xóvenes traballadores galegos de ideoloxía esquerdista formou en Madrid o grupo denominado Brais Pinto (1958). Dentro del convivían asalariados e empregados (R. Patiño, C. Arias, Bautista Álvarez, X.L. Méndez Ferrín, B. Álvarez, "Foz" e Manoel María). Á parte de organizaren tertulias, actividades culturais e editaren unha colección de poesía, os membros do grupo Brais Pinto evolúen teoricamente cara o marxismo, e neles comeza a madurecer a idea de formar un novo partido nacionalista de esquerda superador de inactividade política do "piñeirismo" (promocionar á cultura e impregnar a sociedade de galeguismo e renunciar á necesidade de crear forzas políticas nacionalistas). De distintas reunións clandestinas celebradas nas vilas máis importante de Galicia xurdiu unha organización denominada Consello da Mocedade, do que foi elexido secretario xeral Moreda. Nun comezo, as bases ideolóxicas do que ía ser unha organización eran vagas (reactualizar o legado do PG e dar unha nova orientación ao nacionalismo galego).
O Consello non puido sobrevivir polas súas propias desavenencias e no 1964 desapareceu.
Con anterioridade á fundación do Consello, en novembro de 1963, varios integrantes do grupo Brais Pinto (B. Álvarez, R. Patiño, X.A. Arjona) consitutiron tamén en Madrid unha nova organizáción política: a Unión do Pobo Galego (UPG) .

3 comentarios:

Dibujos Artehilo dijo...

paresme moi interesante o grupo Brais Pinto

Devalando dijo...

Que curioso que tantas cousas veñan dos emigrados galegos(o himno galego,a bandeira,publicacións,partidos,etc) nunca se lle recoñecerá a súa laboroura.

Devalando dijo...

Que curioso que tantas cousas veñan dos emigrados galegos(o himno galego,a bandeira,publicacións,partidos,etc) nunca se lle recoñecerá a súa laboroura.