18/5/07

Xose Manuel Beiras

Naceu en Santiago de Compostela o 7 de abril do ano 1936, día no que Niceto Alcala Zamora, foi distituído como Presidente da II Républica Española. Dende o ano 1957 estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1958 licenciouse e trasladouse a París onde se matriculou na Facultade de Dereito e Ciencias Económicas. Tamén estudou Lingua e Literatura francesa na Universidade da Sorbona (1960); no ano 1961 trasladase á Escola de Economía de Londres (London Economics School) para completar os estudios de Ciencias Económicas. Nos anos 1965-66 deu clases na Escola de Economía Política da Faculdade de Dereito de Santiago; máis tarde (1966/67), grazas a unha bolsa de estudios da Fundación March, seguíu un curso de especialización avanzada e investigación con François Perrou no Institut de Science Economique Apliquée (ISEA) de París.
No ano 1963 participou na fundación do PSG (Partido Socialista Galego) na clandestinidade; tamén se fai cargo da subdireción da Revista de Economía de Galicia (cargo que deixaría no percorrer do ano 1968).
No 1967 recibe o Premio da Casa Galicia de Nova Iorque polo seu libro O problema do desenrolo na Galiza rural. Xa no ano 1968 vense vivir definitivamente á Galiza, e comeza a traballar coma profesor de Estrutura e Institucións Economicas na Faculdade de Económicas. No 1970 publica a súa tese doutoral sobre o desenvolvemento económico e demográfico en Galiza entre o 1900 e o 1960 co titulo Estructura y problemas de la población gallega, co que gaña o Premio Extraordinario de Doutoramento e consegue, tamén, ser profesor adxunto na Cátedra de Estrutura Económica.
No 1971 asume o cargo de secretario xeral do PSG. No 1972 publica en Vigo O atraso económico de Galiza editado en Galaxia nese mesmo ano ofrécenlle o posto de Decano en funcións durante as revoltas estudantís e obreiras; posto que reafirmaría anos mais adiante. Dentro das súas colaboracións colectivas xorden no ano 1975, publicadas en Vigo, dúas obras; A Galiza rural na encrucilladae Contaminación industrial e desenvolvimento. No 1977 deixa o cargo de secretario xeral no PSG, despois de encabezar as listas pola provincia da Coruña nas primeiras eleccións xerais da transición democrática nas que non conseguíu o escano. Neste ano foi designado Académico numerario da RAG (Real Academia Galega), cargo ao que renunciou tempo máis tarde. Tamén este mesmo ano encarregouse da dirección dunha investigación sobre o proceso de modernización da agricultura galega, cos fondos patrocinado pola Fundación Pedro Barrié e a Universidad de Montpellier.
En 1980 Beiras accede definitivamente á Cátedra de Estrutura Económica na Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1982 e participa na constitución do BNG (Bloque Nacionalista Galego) do cal entra na súa Dirección Nacional e Permanente. Nese ano sae a súa publicación O atraso e Nós. Aportación para un debate encol o atraso económico.

Nas eleccións do 24 de novembro do 1985, Beiras foi elixido deputado ao parlamento galego; tamén publica Constitución española e nacionalismo galego: unha visión socialista. O 17 de decembro de 1989 vólvese presentar ás eleccións, e de novo gaña o escano pola Coruña, xunto con outros 4 representantes, e asume o cargo de portavoz do grupo.
Na lexislatura do 1989/1993 foi gañando protagonismo no parlamento en ocasións aportando doses de espectacularidade nas súas intervencións como cando ante a iniciativa do Partido Popular de modificar o Regulamento do Parlamento e amosou o seu descontento petando na mesa cun zapato, remomorando o xesto de Kruschev nunha asemblea da ONU.
O 17 de outubro de 1993 apresentouse por terceira vez na cabeza da candidatura pola Coruña e como candidato a Presidencia da Xunta de Galiza. Xa metidos de cheo no 1995, Beiras é proposto como Portavoz Nacional do grupo, cargo no que resulta elixido na VII Asamblea; isto viña a apoiar a súa presentación en xaneiro do 1991 e marzo do 1993, nas que obtivo un bo apoio. O 19 de outubro de 1997 preséntase de novo como candidato do BNG á Presidencia da Xunta, renova o escano e ve medrar o seu grupo a 18 deputados pasando a ser a segunda forza en Galiza.

Na autonómicas do 2001 renova outra volta o seu escano, pero ve como o seu grupo baixa un deputado quedando en 17. O 27 de abril do 2004 asina, xunto co seu compañeiro de grupo, Anxo Quintana González, na representacion do BNG para dar desenvolvemento ao documento base asinado polo BNG, CiU e EAJ-PNV o 6 de abril dese ano. O que daría a nova presentación do grupo de formacións politicas "Galeuscat Pobos de Europa" para a celebración da eleccións ao Parlamento Europeo do 13 de xuño de 2004, nas cales este grupo conseguirá 3 escanos. Xa o 11 de abril do 2005 presenta ante os compañeiros do BNG a súa demisión coma Presidente do Consello Nacional do BNG e a súa renuncia a formar parte das listas electorais do BNG á Xunta.

Instituto Padre Sarmiento


O "Instituto Padre Sarmiento" foi ao longo de máis de cinco décadas, unha referencia inexcusable na vida cultural de Galicia. Fundado no ano 1944 dende entonces foi o catalizador dunha moi importante obra cultural e científica, continuadora en boa parte da que hasta a súa clausura realizara o célebre "Seminario de Estudos Galegos". Situado no casco histórico de Santiago de Compostela, foi e segue sendo a sede dun grande número de exposicións e actos académicos. Lugar de encontro de eruditos galegos, o seu persoal colaborador é responsable de importantes labores de investigacións no ámbito das humanidades e as ciencias sociais.

15/5/07

Real Academia Galega

O 30 de setembro de 1906 fundase a Real Academia Galega, o seu antecedente foi, Folklore Gallego no ano 1895, presidida por Emilia Pardo Bazán. Posteriormente, Emilia Pardo Bazán e Pérez Costales, serán nomeados presidenta e académico de honra da institución.
Pero tal como sinala o historiador pioneiro da institución, Ramón Villar Ponte, o verdadeiro mérito e punto de partida da fundación da Real Academia Galega está, como tantas outras iniciativas, no fervor e na xenerosidade do mundo societario da emigración.
Na primeira etapa da academia (1906-1923), presidida por Manuel Murguía, asistimos á definitiva mitificación da figura de Rosalía mentres que, paralelamente, se minusvaloran os servizos que Murguía prestara á cultura galega. No outono da súa existencia soportou pacientemente, en silencio, moitas acusacións inxustas prestando con esta actitude un servizo notable á institución que presidía.
Desde o primeiro ano da súa presidencia, concretamente desde o 20 de maio de 1906, Murguía dotou a Academia dunha publicación, Boletín de la Academia Gallega, que constitúe hoxe, despois de atravesar o século XX, unha digna marca de identidade para a institución.
Na segunda etapa da Real Academia Galega (1923-1936), condicionada polo baleiro que deixa a figura de Murguía, ocupan a presidencia Andrés Martínez Salazar (1923), Francisco Ponte Blanco (1923-1926), Eladio Rodríguez González (1926-1934) e Manuel Lugrís Freire (1934-1935).

O movemento sindical


O movemento sindical é un termo amplo para nomear o desarrollo da historia e a organización colectiva dos traballadores, en dirección á defensa dos seus intereses e de mellores condicións de traballo. En Galicia os primeiros xermolos do traballo sindical, iníciase nas loitas sindicais contra o franquismo e continúa a través da negozación colectiva primeiramente na gran empresa e despois nos convenios provinciais do Metal alá pola década dos 70. Xa por aquelas datas funcionan as denominadas coordinadoras do Metal do Sindicato Obreiro Galego (SOG), que foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. Fundouse en maio de 1975 cando o Frente Obreiro e a UPG deciden transformarse nun sindicato. Formou parte da AN-PG. No 1977 desaparece para dar paso á Intersindical Nacional Galega (ING). A INTG tamén era nacionalista galego, formouse en 1981 tras a unión da ING e CTG, en 1982 integrouse nela a Configuración Sindical Galega. En 1984 constituiuse a corrente interna Converxencia Sindical Nacionalista, que era un sector próximo ao PSG-EG. En 1985 constituíuse a Confederación Xeral de Traballadores Galegos.

4/5/07

Camilo Nogueira Román


Camilo Nogueira naceu o 22 de novembro de 1936 no concello de Lavadores (actualmente Vigo), estudou na Escola Industrial de Vigo e na Escola de Inxeñería Industrial en Bilbo e Madrid. Tamén se licienciou en Ciencias Económicas na Universidade de Santiago. No ano 1964 entrou a traballar na fábrica de Citroën en Vigo e participou nas grandes folgas de 1972.
Forma parte da Galiza socialista que deu orixe ao sindicalismo nacionalista galego e acadaría por fusionarse coa UPG en 1971. Axudou a fundar a Asamblea Nacional Popular Galega e o Bloque Nacionalista Popular Galego (POG). Camilo tamén participou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi deputado no Parlamento Galego, primeiro como lider de Esquerda Galega (PSG-EG) e logo como representante do BNG durante varias lexislaturas ate que foi elexido deputado no Parlamento Europeo (1999-2004). Actualmente é membro da executiva do BNG e responsable das Relacións Internacionais.

Valentin Paz Andrade


Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morreu en Vigo o 19 de maio de 1987. Estudou a carreira de Dereito en Santiago. Inicia a súa aproximación ó galeguismo, guiado polo feito que supuxo a creación das Irmandades da fala. Entre 1922 e 1926 dirixe o xornal Galicia, unha alternativa liberal e democrática que aglutinaba destacadas personalidades da vida e a cultura galegas, entre elas a Castelao. Milita no Partido Galeguista. En 1931 preséntase con Castelao e Cabanillas ás cortes constituíntes, non saíndo elixido por unha diferenza de poucos votos. En 1934 é nomeado Secretario do Partido Galeguista, en substitución de Castelao. En 1936 colabora na campaña polo Estatuto de Galicia. Nesta época, mantén contactos cos republicanos e despois da morte de Castelao en 1950 relaciónase cos emigrantes e exiliados galegos en Arxentina e intensifica a súa relación co mundo da pesca e a súa colaboración coa FAO. En 1976 e 1977, despois da morte do Ditador, representa a Galicia na "Comisión dos dez", e nas eleccións democráticas foi elixido senador por Pontevedra dentro das listas da Candidatura Democrática Galega. En 1978 pronuncia o discurso de ingreso na Real Academia Galega, da que é membro desde 1964.
Impulsor de Pescanova, empresa da que foi vicepresidente, e técnico da FAO . Participante en numerosos congresos internacionais da ONU sobre agricultura e alimentación.